Reino de Galiza

Dende o II Reino de Galiza, á expansom por parte de Portugal da nosa lingua

sábado, 15 de maio de 2010

Unha de mapas de linguas

Noraboa a aqueles Galaicos, que falan Galego-Português (e saben-o ler e escrever correctamente), Castelán e aprenden outra(s): inglés e/ou francés e/ou ... porque deles será o reino das oportunidades (ou o ciber reino)




Imaxe curiosa: Portugal nâo é um país pequeno

terça-feira, 27 de abril de 2010

Copias de seguridade ACME

Sinto isto non é un post, so é unha copia de seguridade...

No 25º aniversario:
Interesante video de Youtube. Retransmisión pola TveG do Retorno para Galiza dos restos mortais de Afonso Daniel Rguez Castelao (seguramente O Galego máis influinte do século XX) no 1984 dende a Arxentina para o Mausoleo dos Galegos Ilustres (en San Francisco de Bonaval, Compostela). Este emisión custoullelo posto ao que serían outros Galegos Valentes, neste caso do mundo do xornalismo:
Alexandre Cribeiro (xefe de realización) e Tareixa Navaza (locutora). No caso de Tareixa inclusive problemas profesionais para o resto da súa carreira.

Video1
http://youtube.com/watch?v=tnI3b2h3M7U


Campaña da coordenadora Galega ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística):

http://youtube.com/watch?v=Yt21eN_uW3k



Participa nas campañas a favor do noso idioma da Mesa pola normalización Lingüística (é moi importante a participación de tódolos Galegos)


Esta sección sobre o noso irmán (ou quizais sería máis correcto dicir fillo) Portugal,
para aqueles que pensan que o Galego non serbe para nada, ou descoñecen a pegada
que deixamos na historia da humanidade a traves da súa expansión colonial, cultural
e idiomática, moitas veces desmerecida, pero fomentada pola competencia que lle fixo a castela:




Agora un curto video, moi interesante que pon de manifesto a evolución das linguas na época do II Reino de Galiza, partindo da única verdadeira reconquista que se fixo; A do I Reino de Galiza -Prinzipado xermánico Visigodo- na época da invasión musulmán, que evolucionou a dous Reinos de linguas diferentes: O Galego na parte occidental (que creará unha nova capital en Compostela, xa que os antigos centros de poder máis ao sul ainda están ocupados: Braga-Tui) e o AsturLeonés na parte oriental (antigo Conventus Asturciense da Gallaecia, que serán os que lideren a revolta pola ocupación de Braga e Tui, nesta épocoa Castela so é un condado, limítrofe coas Vascongadas vasalo de León e Navarra).

Da herdanza do I Reino de Galiza, queda o costume polo cal a península ibérica dividíase xeograficamente so en dúas zonas: Galiza e Hispania. Os musulmáns fanse fortes en Hispania nun periodo de 800 anos é sinónimo de terra árabe (con poboación e lingua mozárabe) e a Galiza é a zona crisitiana. De feito os monarcas árabes, castigados polas incursións Galegas, chamánnos Cans Galegos pola ferocidade na pelexa e a rápida reconquista que chegará ata Coimbra e o rio Mondego, Cando o resto dos reinos cristiáns nacentes ainda están parapetados na cordilleira cantábrica ou pirenaica.

Un pouco despois desta época é onde comeza este video moi instructivo. É interesante aclarar que Galego do II Reino de Galiza é a lingua que se convertirá en Portugués somentes a efectos de nome (-Condado PortuCALense- esa raíz CAL é GAL tamén dos pobos Galaicos e ven da época da invasión romana, na que a cidade de Porto chamábase Porto Cale).
A división en dúas partes (primeiramente condados -logo voltarán a ser reinos-) do II Reino de Galiza, ven orquestada polas ansias expansivas do recén creado Reino de Castela, e o seu rei Afonso VI que astutamente dividi-las nosas forzas para eliminar a un poderoso rival, pero a parte sul consegue manterse independente (cousa que no video refléxase marcando a separación: Galego / Portugués ainda que eran a mesma lingua).



Espansión idiomática do Galego do Sul e descubrimentos das novas rotas marítimas e terrestres na época do Imperio Portugués en verde, bermello, naranxa e rosa (o primeiro imperio global da historia e o que que máis durou dende o 1413 comezo coa toma de Ceuta e ate o 1999 Cesión de Macau):




Epansión Portuguesa e Española (1ª e 2ª potencia colonial da historia):



0) Sinaturas de apoio para que en Internet teñamos un Dominio Galego (.gal)

MANIFESTO POLA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA E A IGUALDADE DE DEREITOS PARA O GALEGO.


Toda a información sobor da Lingua Galega (Datos), Ligazón a un mapa co uso do noso idioma, Areas do idioma Galego.

Adhesións Individuáis campaña Cárcere Torre de Hércules Centro Cultural Multidisciplinar

SINATURAS PARA O MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.
Contra a censura e a marxinación da música galega.

Breve guia de leitura do portugués, para galegófonos



Historia dos descobrimentos marítimos de Portugal

Mapa xeográfico das comarcas Galegas:




Pincha aquí para Votar pola Cultura Galego-Portuguesa

1) Grupo de traballo - Lista de Correo da Asociación

2) Capela do Monte da Estrela (Localización)

3) Real Academia Galega, Día das Letras Galegas, Historia da Lingua Galega, ...

A Mesa pola Normalización Lingüística



O noso Patrimonio Cultural





A.C.M.E. en apoio á plataforma Queremos Galego informa do Festival de música pola Lingua
que terá lugar o vindeiro 17 Abril en Pontevedra, Recinto Ferial [CÓMO CHEGAR?]

Grupos: Berrogüetto, Ruxe-Ruxe, Luar na Lubre, Zurrumalla, Fuxan os Ventos, Os 3 Trebóns, A Quenlla,
Fía na Roca, García MC, Galegoz, Lamatumbá,Os Carunchos, Espido, Uxía Senlle,
Asociación de Gaiteiros Galegos.

Venda anticipada en Arteixo: direccion [arroba] montedaestrela.org
tel's: 667 860 775 ou 653 534 320



http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/

sexta-feira, 16 de abril de 2010

Unha de videos de Youtube

Tema de moda, por en cuestión a validez da nosa lingua para transmitir a cultura.
Menuda estupidez, fomentada por españolistas radicais. O Galego pai-irmán do portugués é lingua internacional (Non so serve o castelán para este motivo).
O Galego (a variante do sul) é a sesta lingua máis falada do mundo. A maís falada en sudamérica (si, si). É a lingua oficial das nacións: Galiza, Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe, Timor Leste e Macau (Las Vegas de China en Oriente).

Ata cando o pouco sentidiño de non formar aos novos Galegos en dominar compretamente (nativamente, fonética e ortograficamente) dúas linguas internacionais, será que saben que ese potencial é real e temén que se desenvolva en Ibería outra zona rica e emprendedora como Cataluña, que compita con Madrid??. Sexa o que fose...




Encántame escoitar en Galego a xente de fora namorada da nosa lingua (Esto é un agasallo para os xenófovos da súa propia cultura, ou os adoctrinados no falso camiño).

Por que si, somos tamén unha nazón e unha das maís antigas de Europa (que co exterminio que fixo esta na época colonial, case quere dicir unha das máis antigas do mundo).





domingo, 21 de fevereiro de 2010

Un xigante irmán cultural Galego: Brasil

Máis concretamente curmá ou neto, se consideramos a PortuGal, pai (ten a capitalidade hístorica de Braga), irmán (os dous conventus romanos que falan linguas GalegoPortuguesas) ou fillo (pola evolución da reconquista e nacemento de Compostela, a nova capital medieval).



Clica na ligazón do título para ir a Wikipedia e que che explique máis sobre esta grande nazón

Para aproveitar ao máximo a nosa lingua Galega un pouquichinho de formación, remitidas polo meu amigo PBravo:

"Olá. Esta mensagem vai dirigida sobre tudo ao Xavier, que quer melhorar seu conhecimento da língua portuguesa. Desde este artigo recente do PGL

http://www.pglingua.org/index.php?option=com_content&view=article&id=1994:algumhas-dicas-para-melhorarmos-o-galego-escrito&catid=3:opiniom&Itemid=80&Itemid=36

podes informar-te e baixar algum dos recursos mais solicitados.

Também, no velho PGL, se pode baixar o TOPOGAL (toponímia da Galiza). Eu baixei-no mas não fui quem de activá-lo.

Também no PLANETA NH há múltiplos jogos para a aprimoramento da nossa língua. Por exemplo este, dum colaborador, que inseri há pouco, e baseado num dos livros citados no artigo (Do Ñ para o NH).

http://www.agal-gz.org/planeta/front/?what=score_detail&univers=14&quizid=427&part=yes

Saudações "

Ligazóns relacionadas co artigo e algunhas máis:

Algumhas dicas para melhorarmos o galego escrito

http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=3083

http://www.agal-gz.org/planeta/front/?what=score_detail&univers=14&quizid=427&part=yes


http://www.google.pt/


Galiza e Portugal, uma só nação!

O nosso idioma é internacional


http://www.galizalivre.org/



http://www.lusografia.org/amizadegp/



Diccionario recomendados do texto de PBravo:



http://dic.busca.uol.com.br/

http://www.wordreference.com/

sábado, 20 de fevereiro de 2010

Lembrando a evolución do Reino de Galiza





Desta volta imos a imaxinar primeiro (para logo ve-la realidade) unha posibel evolución peninsular facendo un punto de inflexión diferente, no momento en que o noso gran no cu (o condado de castela) para nos na época do grande Reino de Galiza, o Reino histórico peninsular -o primeiro europeo na idade media- de dinastía sueva, señores astures logo e dende Estaca de Bares ata Coimbra -recén reconquistada por nobres Galegos- nacería unha novo Reino de Galiza esta xa non co latin como lingua diferenciada, senon co nacente Galego, tanto medo metimos que dividírannos en dúas partes: Galiza e Portugal -o segundo o xa existente Condado Portugalenese reconquistado tamén por nobres Galegos.
Máis asimilabeis para debilitarnos e beneficio dos casteláns -aquel gran que se converteu nun reino co apio Navarro- pero que falaban unha lingua tan pouco valorada que usarían o Galego para a composición poética durante centos de anos).

Fomos sucumbindo ante este cancro en que se converteu Castela. Primeiro devorou a Galiza Oriental (A que nacera do Conventus Asturcensis: Asturias e León), dividiría a Galiza Occidenteal como xa dixemos (Conventuas Lucensis e Bracarensis) e dous condados que voltarían a ser Reinos, colonizando a do norte (a actual Galiza nosa máis pequeniña).

A Galiza do sul (Portugal - Porto Cale, Cale seguramente da mesma raíz que CALlaicos=Galaicos, non é coincidencia!!!) consegueu expandi-la súa cultura polo mundo e crear unha nova nazón a que hoxe estase a convertir en unha das novas potencias mundias: Brasil. Pero o Galego non somentes serve no continente americano, no africano existen moitos paises nos que se fala, algúns tan grandes como Angola e Mozambique, pero se imos a India, veremos que na costa a cultura portuguesa deixou pegada en multitude de vocablos moi similares aos Galegos, se imos ate Macau (na China), chocaranos ir no Autobús e ver en bilingüe -Portugués e Chino- cartaces por tódolos sitios. E antes de chegar a Autralia no maremagnum de illas indonesias, a maior parte da Illa de Timor sobre todo do lado oriental (14 mil km²) forma parte tamén da cultura portuguesa.

O galego coa escrita castelanista non debe de ser un impedimento para afastarnos do nosa vía cultural e lingüística, a Lusofonía (a min no me gusta ese termo, porque o Galego-Portugués naceu na Galiza non na Lusitania, e por riba Extremadura centro da Lusitania reconquistouna Galiza con León pero é de uso corrente hoxe en día). Porque non dominar dúas linguas internacionais e de prestixio de xeito nativo. Isto sería algo diferenciador para os Galegos que nos traería multitude de posibilidades e beneficio económico, neste mundo cada vez maís globalizado.

Aprender na escola a escribir etimolóxicamente o Galego trae todas estas ventaxes. Para que cando sexamos xa maiores non teñamos esa crise identitaría (Porqué o Galego parécese ao Portugués falado e ao Castelán escrito¿?)



Nesta imaxe para que non te sintas so, pódese xa ver a evolución real que tiveron as linguas (nazóns, xa que as definen de xeito principal) na reconquista.

Vemos como collendo terreo aos mouros a nazón antiga de Gallaecia, dividiuse en dúas pola lingua GalegoPortugués e AsturLeonés.

Na parte oriental desta última medrou o Castelán (non era máis que un territorio -Burgos- pegado as vascongadas que aproveitou a Reconquista de Gallaecia na meseta norte para expandirse cara o sul e que logo colliu pulo foi aniquilando as outras linguas nazóns). Moi similar a esta última temos o aragonés que coido medrou nos pirineos de antigas terras vascas romanizadas, a existencia do sistema ibérico, e a forza de Castela ao chuparlle o sangue á Gallaecia, permitiulle corta-lo paso. Os Vascos un dos pobos máis antigos de Europa (coma nos pero ainda máis antigos) parece que teñen un apego máis forte á Terra, porque o seu referente na Idade Media: O Reino de Navarra non se expandiu cara o sul nun principio e logo quedou atrapado polos seus irmáns culturais (Castela e Aragón).

Na parte do Mediterraneo, medrando a partir dos Pirineos orientais e a antiga Marca Hispánica, saiu unha identidade nova que serían un dos comerciantes prósperos do Mediterraneo.

O dito, non te sintas so como Galego, falando a túa lingua porque nos queren facer ver o que non é cando por exemplo vemos a tele. A grande España na que se fala Español (falso porque Hispania -para os romanos sinónimo de Iberia- ten moitas linguas, o castelán non é máis que ese triangulo central que ves na imaxe de abaixo -non representaba nin a metade da peninsula)


Estamos ante nunha nazón de nazóns con moitas linguas que o estado Hespañol centralista de dinastía castelá quere simplificar (á francesa) eliminando todo resto de diversidade, todo isto de xeito sutil, mergullando na sociedade este cancro que avanza paseniño pero imparabel e invisibel para a túa conciencia, se non lees nin viaxas nin abres os ollos --> como é o sistema político e social da ala radical do PP ou PSOE).



Estado máis ou menos actual das linguas, como vese o Asturleonés foi arrinconado nas beira das motoñas igual pasa co Aragonés. En Asturias seguro que panorama de extinción é moi severo ainda que non o reflicte esta imaxe. O vasco é algo simbólico do que foi o seu pasado, e en Galiza e Valencia a situación seguro que é maís que preocupante. Con este panorama Catalunya con gobernos e poboación maís que concienciada co tema (e orgullosos da súa identidade e pasado). Son un modelo lonxe de nos. En extremadura (a lusitania española) reconquistada na Idade Media, por Galiza e León, queda algún rastro do pasado pero que será segurametne cousa do pasado dentro de pouco.





Con xustiza histórica pido un modelo diferente de Estado que respete a diversidade:

Unha repúbica Federal (como pedía Castelao, no seu libro sempre en Galiza). Que de feito era o que na práctica existia na Idade Media (Reinos que se "federeban" segundo as súas necesidades, ou herdanzas de trono pero que internamente mantiñan a súa autonomía cultural)
Máis que isto sería a nosa independenza ou coaligarnos co noso irmán cultural Portugal (fora complexos).
O que non ten sentido que a Hespaña Castelá queira asimilarnos destrozando toda a nosa identidade cultural, cando estamos nun periodo de Federecionismo Europeo para facer fronte a esta época de xigantes globais. Un dos cales será irmán noso: Brasil.


Nesta imaxe da wikipedia, podemos ollar a nazón Galega que no novo mapa Europeo xa non se ve tan soa en tamaño, cos falsos estados que había antes. Europa unha das zonas do mundo onde a diversidade cultural ainda é algo máis forte e varida (será porque nos mesmos exterminámola a non europea) parece que pide algo de respeito para si mesma.





quarta-feira, 20 de janeiro de 2010

Vergoña de ser Galego? Non pero o teu subconsciente igual si. Abaixo verás a que me refiro

Cando a economía vai mal, aproveita o potencial da túa lingua Galega (como fan os Cataláns, por exemplo). Non faga-lo contrario. Preguntácheste algunha vez se tiñas vergoña de ser Galego? ainda que respondas non, quizais no teu subconsciente queda ainda algúns prexuizos...

Adico estas verbas ao tesouro máis importante que temos os Galegos como dixera Castelao, moitas veces non nos decatamos por telo a cotio diante dos nosos morros, máis é moi importante (atención ao que non lle adican o suficiente tempo), como non refírome A nosa milenaria -e de moda nos xornais, non por usala- Lingua Galega.

Curiosamente a xente que ven de fora, inclusive (castelans, o teño comprobado) e que viviron en Cataluña, ou lugares similares con diversidade idiomática. Xeralmente chegan a Galiza coa idea de respeta-la nosa lingua como aló, e incluso tratan nun primeiro momento de aprendelo, se é que veñen a traballar aquí. Misteriosamente logo dun pequeno espazo de tempo, ao darse conta da realidade Galega ("única" polo menos para paises cunha historia e cultura tan antiga como a nosa, xa que máis ven e de zonas con pouca cultura); En seguida pasan do idioma Galego na súa maioría. Por qué?

Por que van a respetar unha lingua Galega, que nos mesmos non respetamos. Se non respetas a túa lingua, é porque non te respetas a ti mesmo (ainda así soese decir: Respétate ti primeiro para que te respeten a ti, e algo que se lle ensina aos nenos pero neste contexto non se produce). Coido que a sociedade Galega está moi ENFERMA e con doeza GRAVE. Estamos enfermos de qué?

A nosa doenza é odiar a nosa propia cultura, algo que se voltou case crónico por o cotiá do proceso durante moitísimos anos (séculos). Realmente sentimos vergoña de ser Galegos, ainda que na consciencia poda semella-lo oposto. A realidade ven a luz en moitas situacións diarias por exemplo cando se viaxa a unha gran cidade (A Coruña, Vigo, ...) na maioría das situacións, os que temos esta doenza crónica sentímola necesidade de muda-lo idioma que falamos a cotio (porqué? e que logo estás visitando outro pais, e que logo a cidade da Coruña, Vigo, ... non naceu e medrou de xente das aldeas coma todos. Isto é extrapolable incluso a outras cidades e paises, a xente foi do campo a cidade).

Tamén percíbese unha incongruencia nos que xa naceron nas grandes cidades Galegas, xeralmente aprendimos (e con frecuencia falamos) unha lingua distinta a dos nosos pais ou avós, ...).

(En Cataluña o primeiro idioma que un fala por defecto e o seu -como sería natural- e ante unha comunicación cun turista, úsase o idioma que se precise, inglés, castelán, ... )

Para rematar, tamén percibímola auto discriminación, cando vemos letreiros, indicadores, informes, ... exclusivamente en castelán ou no caso de estar nas dúas linguas, a nosa (a propia do noso pais) soe ser a segunda por defecto (e parécenos normal). Por iso ante toda esta caste de inxustizas ninguén di nada. Pero foi sempre así?

Como é obvio, non. Fai maís de 500 anos, o noso idioma era empregado pola totalidade dos habitantes e tamén os Reis de Galiza e a súa corte (os últimos dos cales están no Santurio Real da Catedral Compostelá, e visto está que moito non os visitamos tendoos tan preto, e seguramente nos maravillaremos cando vemos un santuario igual noutra nazón do mundo, indo coma turistas).

Isto o digo coa razón de afirmar, ainda que lle pese a algúns que prefirirá pecha-los ollos, agora mesmo somos moradores dunha nazón plurinacional con moita riqueza cultural e idiomática, únicamente froito mesmo desta plurinacionalidade “semirecoñecida” (caso semellante ao Reino Unido ou a grandes paises aglutinadores de tal riqueza cultural humana, e que non vos quepa dúbida de que esa diversidade é un dos motores de crecemento en lugares coma os EUA que importan esa diversidade que non é máis que creatividade para facer novas empresas, e investigar, ... porque quen fala duás linguas de xeito nativo é capaz de entender unha realidade baixo distintos puntos de vista tamén de xeito nativo e isto é unha das chispas da creatividade moi buscada e mencionada hoxe, que no resto do noso ser comezan as máquinas a traballar máis eficientemente ca nos).

O simpático deste tema, ou máis ven o paradoxo é que nos os Galegos avergoñámonos (so por ignorancia -somos unha das nazóns máis antigas de Europa, con este tristeiro 2009 de crise económica, estivemos de aniversario: 1600 anos da criazón do I Reino de Galiza, con dinastía xermánico Sueva, o primeiro reino da Europa medieval, é o motor da nosa identidade como nazón independente (como anos despois ocorrería cos Francos, na Francia). Eu non escoitei por ningures falar desta efeméride, algún de vos sentiu algún foguete? o que demostra máis a nosa pasividade para espertar e darnos conta do noso potencial (sabemos que todos pasamos do que faga referencia a nos coma pobo, como se non fose importante. É máis importante logo o dos demais, o de fora ten frorituras?).



En que camiño estamos pois? No de desaparecer coma Pobo? A antiga Galiza, pasará a Galicia e logo a Castellanolicia? Quen quere castelaniza primeiro para Españolizar millor?

Esta é a misión dos que esfórzanse en ver, e o pior, facernos ver aos outros, un modelo diferente: "Vivimos nunha nazón pura, cunha soa lingua e cultura de sempre".

-O feito de que os nosos avos falasen outra lingua ou foron imaxinacións nosas ou non era tal, so un dialecto pailán, aldeá, de xente pobre.

-Quen di que fai case 1000 anos (antes que co castelán) xa houbera escritos en Galego con escrita portuguesa é un engano, ...

Porqué lles interesa este modelo que nos afoga?, porque permite:

1) Unha explotación humana e de recursos sen que a ninguén lle pareza anormal o feito de que empresas nadas aquí vaian mudar o seu domicilio fiscal ao exterior (e con elo pagar o seus imposto a Madrid, ... o contrario do que sucede en Cataluña). Ou que sendo exportadores de enerxía, o beneficio deste negocio non recaia na Galiza.

2) Que cantidade de postos de traballo necesarios para prestar un servizo cordial e achegado ao cliente, se centralicen para aforrar custes fora de Galiza e en castelán por suposto, porque os Galegos non esiximos que se nos atenda na nosa lingua, cando contratamos servizos novos (caso contrario de Cataluña) Para que van face falta Galegos atendendo logo ao clientes?.

3) Cando nunha boda, ao facer testamento, nunha oposición, ao facer xestións de calquera tipo danos o mesmo que non sexan na nosa lingua (logo os Galegos trocámonos sustituibeis de xeito doado).

4) Cando mercamos productos, e nos da igual que non vai en Galego un libro, os subtítulos ou dobraxe dunha película, idioma dun manual, teléfono, .. Perdense máis postos de traballo de Galegos (filólogos, servizo ou traduzón técnica, ... Como non ao contrario que sucede en Cataluña ou en calquera pais normal con conciencia de seu e dous dedos de fronte).

...

Nesta intersección atopámonos agora, cunha crise económica severa, moi feroz e cunha recuperación que ainda que pareza irrelevante esta completamente relacionda co teu ser (o que opinas e pensas sobre ti e sobre a túa cultura e identidade) e a lingua que debes de falar e falaron os nosos devanceiros por maís de 1000 anos. Agora depende de ti que se sega falando porque por suposto (como tamén di a Unesco: tódalas linguas son vehiculos eficaces de transmisión cultural e modernidade). So é cuestión de troca-lo chip que temos memorizado -e que a algúns lle interesa que sega ahí grabado por moito tempo ate esvaecernos coma identidade diferenciada-.

En definitava como vamos a ser máis emprendedores para facer prospera-la economía se por unha banda semella que estamos arrepentidos de ser o que somos (por iso aconsello adicar un tempiño semanal a lecturas, música, ... ou aprendizaxe da nosa cultura, porque os medios que recibimos pretende o contrario. A non ser que a ti che guste máis a vide de Belen E...). Pero como o presente escrito ate o momento era de diagnóstico, imos pasar a receitar para dita doenza:

1 – Coa Lingúa bernácula de Galiza non se xoga. É a lingua que queremos que dominen os nosos fillos, que por riba é a lingúa que axuda a enterderse con millóns de persoas de todo o mundo (véxase lusofonía en Google). Logo do periodo escuro do Galego, para axudar a súa recuperación escolleuse usa-la grafía castelán, porque daquela non era habitual que a xente estivese alfabetizada. Pero que isto non te faga esquecer que o Galego e o Portugués son linguas filolóxicamente irmáns, a dos tempos do II Reino de Galiza, na que tiña un so nome GALEGO, e polo tanto nos é practicamente intuitivo aprendelo coñecendo a grafía correcta.

2- Usa a lingua de Rosalia, Podal, Curros, ... en tódolos ámbitos da túa vida (de xeito oral e escrito). E reclamando cando non se dea a opción na Nosa propia Terra.

É tomarnolo pelo na nosa propia casa, dicir que o castelán está en perigo (cando por exemplo, máis do 90% dos medios de comunicación que recibimos son nesa lingua, por suposto que o castelán é útil, de feito aprendese e é coñecido por todose pero que non se minta quen corre perigo é o noso Galego e na súa propia casa).

3- Sentirte orgulloso de formar parte da Identidade Galega, entender a época escura -que é da que naceu o noso autoodio-, xusto foi o periodo onde perdimo-lo mando do noso propio pais. Polo que está claro que recuperalo é prioritario para ter bo rumbo, e en conexión con cada un de nos; Tamén somos moi importantes polo que direi que é o que significa ser moderno "hoxe":

3.1- Temos que procurar ser máis emprendedores, creativos, proactivos, positivos e non deixar de aprender (ensinar) e formarse. Tamén e bo no perde-lo fio xeracional, falar cos pais, avós, ... que sempre son unha fonte de ensinanzas de todo tipo.

6- Ensinar esta filosofía positiva ou equivalente aos teus fillos, falar moito con eles tamén, porque como ves moitas cousa a parte das económicas, van moi relacionadas coa nosa lingua. Con eles ou só viaxar todo que se poida. As interaccións humanas é un dos canais máis enriquecedores da personalidade e fundamental para observar outros puntos de vista e con el, ter unha opinión crítica das cousas. Mellorarando no bo sentido.

7- Apoiar a os que queren curarse ou xa están curados, que iremos mañá día 21 de xaneiro a manifestación de Compostela para defender a educación na Lingua do noso país. É un camiño san e bo de deixar atrás os demos do pasado e tratar de facermos un pais mellor como promete que sucederá no noso himno Galego. Para o cal e fundamental o bo funcionamento do sistema educativo, que faga recuperar pouco a pouco a nosa lingua de tódolos ámbitos onde non está presente.

Manda este email a quen precise esta menciña (e faino con copia oculta para non promove-lo spam). Pono bonito: limpa o encabezado do reenvio para axilizar a súa lectura

Asinado

Un cidadán Galego de mundo calquera que coida que o cambio é posibel.

Posdata para correxir Falsos conceptos:

Modernizar non é esquecer e tirar ao lixo todo o que somos. E mercar na tenda unha disfrace nova que sega a esconde-los nosos medos.

Modernizar = Mellorar, facer máis eficiente a nosa vida (a nosa vida como Galegos). Saúdos e boa viaxe meus

sábado, 16 de janeiro de 2010

Medios Audiovisuais en Português.




1) Ligazón a emisoras de Tv en Português para ver online :

(TV I Portugal 300kbps Rede Família Brasil 250kbps M1Sation Brasil 86kbps TV Capital SC Brasil 300kbps Minhoactual tv Portugal 190kbps Tv net Portugal 300kbps GuimaraesTV Portugal 382kbps TVE BAHIA Brasil 80kbps MTV Brasil Brasil 120kbps Paraná educativa Brasil 100kbps Bloomberg Brasil 40kbps Canção Nova Brasil 300kbps Rede união Brasil 200kbps Tv I Videos Portugal 300kbps Manasat Europa 1 Portugal 200kbps Manasat Europa 2 Portugal 200kbps)

2) Canles de Portugal

3) Ver canles de Tv de Portugal


4) TELEVISIÓN DIGITAL SATÉLITE: Recepción na península ibérica de canais livres (en aberto, non codificados.

Outros:

http://www.ondacurta.com/home.php


http://www.supercanais.com/

http://www.tvfixe.com/


http://www.antenaonline.net/tv-internet/home.htm


http://www.sintonizate.net/tvonline/

http://www.tvsupra.net/

http://www.tvtuga.com/




RADIOS DE PORTUGAL, BRASILEIRAS E DA LUSOFONÍA:

http://www.radiosdeportugal.com/

http://www.radios.com.br/

http://lanic.utexas.edu/la/region/radio/indexpor.html

http://www.radiozero.pt/ouvir/

http://beat98.globoradio.globo.com/player/playerAoVivo.htm

Por Paises

Galiza:http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=Portada
http://radiostationworld.com/locations/Spain/radio_websites.asp?m=ga~
Radio libre e Comunitaria: http://cuacfm.org/web2/?page_id=11&lang=ga-es

http://radiostationworld.com/locations/Portugal/radio_websites.asp


http://radiostationworld.com/locations/Azores/radio_websites.asp



http://radiostationworld.com/locations/Madeira/radio_websites.asp


http://radiostationworld.com/locations/Brazil/radio_websites.asp


http://radiostationworld.com/locations/Cape_Verde/radio_websites.asp



http://radiostationworld.com/locations/Guinea-Bissau/radio_websites.asp


http://radiostationworld.com/locations/Angola/radio_websites.asp

http://radiostationworld.com/locations/mozambique/radio_websites.asp

http://radiostationworld.com/locations/Macau/radio_websites.asp

http://radiostationworld.com/locations/East_Timor/radio_websites.asp