Reino de Galiza

Dende o II Reino de Galiza, á expansom por parte de Portugal da nosa lingua

sexta-feira, 20 de agosto de 2010

A 3º nazóm filha da Gallaecia Romana: O Reino AsturLeonés

"Vouno escribir en Galego normativo da Xunta, para axudar á lectura de posibeis irmáns do leste"

Xunto con Portugal, o irmán mais proximo da Galiza antiga (por Lingua e historia), temos no ESTE (ASTORGA -conventus asturciense-, o terceiro fillo da Gallaecia) o que resultou na nazón AsturLeonesa, hoxe en día nos campos de Lingua, Cultura e identidade é a máis castiga na castellanización-españolización da diversidade histórica de Iberia. Imos a aprender algo dos nosos irmáns do leste:




http://corazonleon.blogspot.com/

Neste moi bo Blog dun historiador Leonés, pódese ollar mapas antigos, ver a historia do Reino de León e saber algo sobre a lingua AsturLeonesa, que xunto co GalegoPortugués naceron dos romances falados na Gallaecia occidental e oriental. Extendidos en sentido sul coa reconquista.




Como ves Terra de Campos, non é castela era un territorio da Gallaecia que pasou ao Reino de León. E o que os casteláns chaman Ruta da Plata, é o camiño Real do Reino de León dende Estremadura a Asturias. Corríxelle o nome.

Un resto deste pasado o temos da rexión Portuguesa de Miranda do Douro, a única parte de Portugal onde se fala dúas linguas a bernácula o Mirandés, non é mais que AsturLeonés Portuguesizado.

O equivalente noso do GalegoPortugués da Galiza que logo de máis de 5 séculos levando paus para falar so o castelán, castelanizamos un pouco o noso acento, por iso tamén semella Galego toda a franxa de fronteira Portuguesa cara o sul dentro de España, porque falan GalegoPortugués algo castelanizado.

A Parte de que unha vez Castela dividiu o que poderiamos chamar o II Reino de Galiza entre a Galiza de hoxe e o Condado Portucalense (a nacente Portugal). Nos na parte norte no devir dos tempos fomos incorporados ao Reino de León e participamos na Reconquista desa franxa, deixando so a Portugal a reconquista mais ao sul do Rio Mondego (Coimbra). Esta é a razón de que na zona do Reino de León ate Extremadura haxa cantidade de toponimos, apelidos e cultura "Galega" propiamente dita. Reconquistamos como antigo irmáns da Gallaecia, novamente unidos(Galiza-León). Pero Castela pechou o paso ao mar polo sul conquistando Huelva para territorio castellano. Se non hoxe igual teriamos outras partes do mundo que tamén poderian falar AsturLeones (se León tivera mantido a independencia de castela, xa que moitos descobridores que pasan por Hispánicos ou castellanos son realmente GalegosAsturLeoneses).

Pero lembra que a nosa fala culta, o Português é a lingua maís falada no hemisferio sul, a terceira do mundo occidental ou a 7 do mundo.

Non te empobrezas mentalmente, pensando que falar Galego non ten importancia, estás facendo teu unha lingua milenaria e internacional

terça-feira, 17 de agosto de 2010

Traduçom do alegato de Alexandre Bóveda no juízo sumarísimo que o condenaría a morte em 1936 polas súas ideas de nacionalista galego

"A miña patria natural é Galiza. Ámoa fervorosamente, como pode amar un fillo a súa nai. Xamais a traizoaría, aínda que me concedesen séculos de vida. Adóroa até alén da miña morte. Se entende o tribunal que por este amor entrañábel debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela. Fixen canto puiden por Galiza e faría máis se puidese. Se non podo até me gustaría morrer pola miña patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado, se o tribunal, en conciencia, xulga que debo selo.






E este agarimo –permítaseme a única palabra galega no idioma que falei sempre– que lle teño á Terra Sagrada na que tiven a sorte de nacer, non me obriga a sentir ningún odio a España, á que, por dereito, pertenzo. Só combatín os seus erros, e, ás veces, as súas crueldades políticas para coa miña Galiza idolatrada. Máis nada."
Por certo, a historia do que aconteceu coa bandeira coa que quixo ser enterrado paga a pena de se ler. Recoméndovos para iso o libro Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, de Xerardo Álvarez Gallego.


-> Este post é um copia e pega do de Carlos Calhóm, pero a grandeza do relato fijo-me copia-lo para ajudar a súa maior difusom.

Pobos á procura da liberdade



Pobos á procura da liberdade

O noso pobo, irmán de Portugal, coa mesma lingua e logo do Pais AsturLeonés.



Os Galegos nom devemos avergonhar-nos da nosa lingua e da nosa historia, o único certo é dende que perdimo-la nosa independência no medievo, a nossa prosperidade e cultura foi en declive, inversalmente proporcional a prosperidade dos castelhanos, que inventarom um novo estado, dicindo que o pais Asturleones é parte deles.

O Galego, na variante fonética Portuguesa, é a lingua máis falada no hemisferio sul, a terceira da cultura occidental ou a quinta lingua mais falada do mundo.

Usa a grafía historica e etimológica, que é a grafia portuguesa e recuperas todo uma cultura internacional esquecida (forzaron-nos a esquezela).

Viva Galiza Ceive.

Abaixo coa extinçom da nosa lingua por parte dos radicais do PP.
A única lingua propia de Galiza é o Galego (com escrita portuguesa ou coma se queira, pero é o Galego). O Castelhano é a lingua de imposiciom dende fai máis de 5 séculos, pero que neste último seculo fixo diminuir vertixinosamente a fala da nosa lingua propia a golpe inxustizas e sobre todo mentiras poderosamente repetidas por toda a propaganda televisiva e de prensa espanhola.

O Galego nunca se impuxo, nim se pode imponher porque é a lingua propia do noso pais (a bernácula), o que se trata e de recupera-lo, como acertadamente se fixo ja no Pais Vasco e en Catalunya coa volta da democracia, e isto chama-se integraciom linguistica, non hai outra pero aqui se nos inventou un metodo milagreiro que nom fai nada so descriminar á nosa lingua milenaria. A unica lingua que claramente se está a imponher é a castelhana.

E todo isto porque, porque non se quere que os Galegos espertem do sono de 5 séculos, nos cuais prohibese a nosa lingua en Galiza (onde naceu). E tampouco querese que se escreva coa escrita internacional como devería, ja que é falada no mundo por mais de 200 milhoes de persoas, nim se permite ver televisioes em português polo mesmo motivo. Porque así os Galego nos decatariamos da grande trola que permite explotarnos coma parvos para beneficio de hespanha.

Un Galego no seu propio pais nom pode vivir os 365 días do ano na súa lingua (obrigan-o a usar o castelhano e mil gentioms ou burrocracias). Pero ao revés si que se pode vivir. Qual e a lingua que realmente esta-se a imponher???


Aquí quedache a ligazom aos pobos sem liberdade de Europa

quarta-feira, 4 de agosto de 2010

Imagems para reflectir uma realidade Ocultada. A Diversidade nacional na iberia

Uma nazóm milenaria, emerge dende a época castreja...

Coa invasóm arabe, divide-se en dous pobos...





Ambas nazóms irmáns expanden-se cara o sul, pro son divididas em mais pedazos pero somentes hai duas linguas (GalegoPortigues por occidente e AsturLeonés por Oriente) ...





Rematada a terra toca a conquista oceanica...


Pero em todas as historias, sempre hai malvados que fam das suas...


Os Bardos das Edades chamam a erguerse e facer um cambio



Juntemonos cos que falarom e falam a nosa mesma lingua.



Em mapas como este um entende, porque um Galego sinte-se como na casa cando vai ao sul, ou a zona Asturleones (... e Zamora, Salamanca, Caceres e Badajoz (oeste). E porque aquí as costumes som tam semelhantes as nosas. O bo comer, os bos jamóms (Jamóms de porco em antigas terras musulmás). As frases como: Galegos e Asturianos... ETC, ETC, ETC.

GALIZA E PORTUGAL (CO IDIOMA GALEGO PORTUGUES) E ASTURIA E PROVINCIAS DO ANTIGO REINO DE LEON ( CO ASTURLEONES) SOM NAZOMS IRMÁMS QUE VENHEM DA ANTIGA GALIZA ROMANA. PODEMO-NOS TOMAR A LIBERDADE (ISO SI SEM MOITO RIGOR TECNICO) DE QUE DAS TRES ANTIGAS PROVINCIAS DELA, A LUCENSIS (VEU NACER A GALIZA DE HOXE), A BRACARENSIS (A PORTUGAL) E A ASTURCENSIS (A O PAIS ASTURLEONES)

quinta-feira, 8 de julho de 2010

Uma de Paz outra de Guerra (Batalhas da Galiza)



Neste artigo aos poucos vou tratar de recopilar feitos bélicos da historia Galega.

218 a.C. II Guerra Púnica, hai escritos que falam da participaçom de Galaicos mercenarios no famoso ejercito de Anibal que entrou en Italia polos Alpes coa tecnologia militar nova nesta Europa céltica, de elefantes de combate. Asestando merobeis derrotas aos romanos como a famosa batalha de Cannabas (Italia).
Ao final destas guerras será Roma quem venza e Cartago (antiga colonia Fenicia en Tunicia), quedará destruida, e os territorios mediterraneos em Hispania pasaram a control romano, co que comezará en etapas posteriores a chegada á Galiza Castreja, primeiro pelo sul, conquistando aos pobos da lusitania. na outra veira a euskaherría conservará a súa lingua ao convertirse num aliado de Roma na súa conquista, caso contrario aos Galegos, que nos enfrontaremos a eles nunha longa conquista de mais dum seculo (pero a Galiza castreja tiña botada a súa sorte, porque era ja conhecido de antanho as súa riqueza mineira sobre todo de ouro, estaño, ... Por iso abundabam os castros costeiros que comerciabam com pobos marinheiros coma os Fenicios). Também é conhecido a alta densidade de poboación (certos autores afirman a existença de mais de 5000 castros no territorio).
Polo que podemos afirmar que parte do noso sangue polo menos tem 3000 anos brotando neste fermoso territorio.


(uma das derrotas do mundo castrejo fronte á ja imperabel e crecente República Romana) 137 a.C.: Incursión de Décimo Xunio Bruto, que derrotou os kallaicoi (Galaicos), pobo ao norte do río Douro e que chegou ata o Limia. Pola súa vitoria recibiu o alcume do Galaico.

No ano 103 a.c., tamén segundo os historiadores romanos, as tropas de Quinto Cepión son masacradas polos Gallaicos, despois de dous anos de paz.

Outros feitos desta época (Galipedia):
Censo de Plinio 'O vello' (ano 77): 285.000 homes libres no Conventus Bracarense, 166.000 no Conventus Lucense e 240.000 no Conventus Asturicense.

Emperadores nados na Galiza romana:

Ano 379, un galego de orixe coa cidadanía romana, Teodosio, vive a súa coroación como emperador do imperio de Roma; máis tarde haberá outro emperador Galego: Máximo.



Loitas pola fe:
Prisciliano morreu degolado, xunto con seis dos seus seguidores: Felicísimo, Armenio, Asarino, Aurelio, Latroniano e Eucrócia, en Tréveris (Alemaña), no ano 385. Catro anos despois do seu asasinato, un grupo de Galegos viaxa a Tréveris e volta cos cadavres á Galiza para soterralos nun lugar secreto. A pé de folla da realidade histórica do Priscilianismo, engadir que hai unha sólida base para pensar que o mártir Galego moi posiblemente esté soterrado en Os Mártores, na parroquia de San Miguel de Valga, onde hai unha pequena igrexa adicada a San Mamede na que apareceron soterrados uns sarcófagos antropoides de pedra que, segundo as investigacións, datarían do século IV.
No ano 396, os bispos galegos no sínodo de Toledo néganse a deixar de considerar os priscilianistas como mártires.

O pobo dos suevos crea na Galiza o Primeiro Reino medieval europeio no 409 a partir dum foedus con Roma (I Reino de Galiza).

No ano 411, os Suevos Cuados procedentes da marxe esquerda do Danubio, no que é hoxendía o norte de Austria, e a República Checa (territorios ós que chegaron desde o norte da Alemaña e de Escandinavia) é o único “pobo bárbaro” que chega ó seu punto de destiño sen ter librado batallas perante o seu percorrido; como queira que non eran mais de 35.000, decidiron establecerse a súa maioría no asentamento chamado Convento Xurídico Bracarense, no territorio no cal limitan os últimos tramos do Miño e o Douro. Os Suevos, nos primeiros nove anos (ata o 420) compartiron Galicia cos Vándalos Asdingos, que ocupan a zona máis próxima ao océano,dende a liña marcada polo Macizo Galaico.

No ano 419, os Vándalos Asdingos enfróntanse aos Suevos nos montes Nerbasios (Ourense). Esta agresión sérvelle de pretexto ao “Comes Hispaniarum” Astério e ao “Vicarus” Maurocelo para atacaren aos Vándalos Asdingos que son derrotados no 422, morrendo Gunderico, Rei dos Vándalos Asdingos, e extendendose o dominio Suevo a todo o territorio da Gallaecia.

Entre o 438 e o 448, reina na Gallaecia Reckila, sucesor de Hermerico. Reckila adopta unha actitude moi agresiva contra os Galaicos non Suevos e a igrexa católica, enfrontándose ós bispos e favorecendo o clero priscilianista. Asina un novo tratado con Roma e alianzas cos bandoleiros das tribos Bagudas do norte peninsular. Amplía os seus dominios, integrando a Lusitania e parte da Bética, Conquista Hispalis (Sevilla) e fai incursións na Tarraconensis.

Reckiário é o primeiro rei en cuñar moeda co seu propio nome; unha moeda que, naqueles tempos, tiña era un referente económico en toda Europa. Con Reckiário, en moitas partes do mundo coñecido naqueles tempos, a Gallaecia acada recoñecemento de Imperio. Por cuestións políticas, casa cunha filla do Rei Visigodo Teodorico. No ano 449, Reckiário alíase cos Bagudas, dirixidos estes por Basílio, e saquean Zaragoza, Lleida e Tarragona.

No 453, asínase un tratado de paz, o “Comes Hispaniorum”, entre hispano-romanos e galaico-suevos. A paz non dura máis que uns escasos tres anos, no 456 Reckiário ataca o territorio coñecido como Cartaginense, invade a Tarraconense e combate ó Conde Frontán.Teodorico II, rei Visigodo, atravesa os Pireneos camiño da Gallaecia, derrotando aos Suevos na batalla do río Orbigo, preto de Astorga; logo continúa ata Braga, que é enteiramente saqueada; segue ata Porto, vencendo a Reckiário novamente e condeandoo a morte. Executado Requiario, o estado Suevo entra en crise; Teodorico entrega o Imperio da Gallaecia a Agiulfo, aliado seu da tribo dos Varnas.


456-459 O xefe suevo Maldrás mata ao rei Agiulfo no castro do Porto e proclámase rei dunha dividida Gallaecia, concretamente da Gallaecia Bracarense, que ten en Frantán ou Frontán o seu homónimo na Gallaecia Lucense. Fortes conflictos sociais ámbalas dúas zonas e entre a poboazón Galaica e a clase dirixente Teutónica.

No 459, o Rei Maldras é asasinado; Remismundo, o seu fillo, é proclamado Rei ata que outro pretendente, Frumário, destrónao e provoca unha nova división ate 464.


Na Pascua do 460, a cidade de Lugo é atacada; o Rector e varios xefes e personaxes dirixentes gallaicos-lucensis son masacrados. Tamén neste ano, un exército Visigodo invade a Gallaecia.

Esta convulsa etapa remata no 464, cando as mortes de Frumário e Requimundo ( xefe de outra fracción Suevas que loita polo poder) fan que Remismundo reunifique o Gallaecia Regnum.


No ano 465, Remismundo abandona o catolicismo e convertese ó Priscilianismo (algúns autores defenden que a conversión foi ó Arrianismo), casa coa neta de Teodorico e consolida a alianza Suevo-Visigoda. No 469, os Galaico-Suevos vense obrigados a abandonar Lisboa; Eurico, novo rei dos visigodos, expúlsaos da Lusitánia, recuando eles ate os territorios da vella Gallaecia.

Nos anos que van do 500 ó 550 prodúcese a emigración de bretóns que escapando da Bretaña (por mor da invasión de Saxons, Xutos e Anglos) chegan e aséntanse en varias áreas da Gallaecia, principalmente no norte, onde máis tarde fundarán un bispado de seu, que se integra de cheo nos concilios relixiosos galegos do momento e onde terán participación con total normalidade.

No ano 561, é proclamado Rei Teodomiro. Influído por Martiño de Dumio, convértese ó catolicismo e con él practicamente toda a poboación da Galicia. Alianzas cos Bizantinos e Francos. Celébrase o primeiro Concilio de Braga promovido por Martiño de Dumio; o bispo Maeloc da sé Britoniense (no norte da Gallaecia) asiste por primeira vez a este Concilio.


570-583 Reinado de Miro ou Miron, quen fixa a capitalidade do Reina da Galicia en Ourense. Católico de confesión convoca o II Concilio de Braga, que condena ó arriano e visigodo Leovixildo; cando o tamén católico Hermenexildo rebélase contra o seu pai Leovixildo, acode na súa axuda pero antes de que se produza o primeiro enfrontamento asina a paz con Leovixildo. O II Concilio de Braga recolle nun libro, o “Parrochiale Suevum”, a organización político-relixiosa de Galiza.

Finalmente Leovixildo dá morte a Miro no campo de batalla; dende ese intre, Leovixildo faise coa autoridade sobre a tribo dos Arexenses (do centro-leste da Gallaecia).


No 579 morre Martiño de Dumio, bispo de Braga; co tempo converterase en San Martiño e terá a consideración de santo patrón da Galiza.


Ano 584, revolta do xefe suevo Andeca contra Eurico, quen tiña aceptado a submisión a Leovixildo. Andeca pecha a Eurico nun mosteiro e casa con Sisegúntia, viúva do rei Miro, facéndose así co trono da Galiza; elo provoca que, no ano 585, o visigodo Leovixildo invada á Gallaecia, derrotando a Andeca en Braga e despois en Porto. Leovixildo prende a Andeca e o pecha nun convento situado en Beja, no sur da Lusitania; apodérase do tesouro real e anexiona o Reino da Galicia ó seu reino Visigodo. De nada val a intervención das tropas Burgundas enviadas polo rei Gontran (da Borgoña) e aniquiladas no Cantábrico; nin a tentativa de revolta dun novo xefe Suevo, Amalarik, que é tamén derrotado. Prodúcese unha forte ocupación militar da Gallaecia; aínda que os Visigodos respectan a circunscricións administrativas e eclesiásticas, así como as súas entidades públicas.

o feito de que Galiza escolle como Santo-Patrón a San Martiño (bispo de Dumio e Braga) e vencella a súa festividade coas celebracións do Magosto, que son na realidade unha exaltación dos froitos da Terra e, polo mesmo, de aspectos moi importantes da doutrina Druídica e Priscilianista; pola contra, na iconografía que podíamos definir como propia da Hispania, o Santo-Patrón é Sant-Iago que ten unha identificación moito mais relixiosa e “cruzada” (vencedor do Islám, “matamouros”, etc.)

No 646, o VII Concilio de Toledo condena radicalmente ós bispos galegos; chega a tal extremo a persecución que, en certas xeiras, para a eirexa católica, o termo “Galego” convértese en sinónimo de herexe. O Imperio Suevo da Gallaecia sofre a constante hostilidade, activa ou larvada, da Hispania Visigoda.

(Apunte moi interesante desta fonte tamém): Antes de entrar de cheo nas datas históricas, subliñar un aspecto moi importante que ven sendo esquecido moi a miúdo pola historiografía oficial hispana. Os “monarcas hispanos” dos séculos VIII, IX e X non empregaron xamais o título de Rei como soberán de un determinado territorio, senón que se identificaban a sí mesmos como Reis en virtude da súa xenealoxía e, xa que logo, xamais se nomearon (nin foron nomeados) Reis de Asturias ou de León; ademais, só se atribuíron a condición “real” a partir de Afonso II xa que os anteriores tiñan a condición, e así eran denominados, de “caudillos” ou “princeps”. A razón agachada da inexactitude calculada da historiografía oficial hispana cando fala de Don Pelaio, de Favila, de Afonso I, de Froila, de Aurelio, de Silo, de Mauregato ou de Vermudo I (todos eles entre os anos 711 e 791), como se foran Reis de Asturias ou de León ten unha absoluta falla de rigor e só obedece os intereses pan-hispanistas que, por obrigas do discurso unitarista, prefiren manipular a historia e agachar que desde o mundo árabe, eses “princeps” ou “caudillos”, eran coñecidos como Rei da Gallaecia. Abondando na teima, segundo Sánchez Albornoz (1981) “perante todo o século IX no Al-Andalus e alén dos Pirineos chamabánlle Reis da Galicia ós que reinaban en Ovieu”; o historiador Maravall cita numerosas crónicas que identifican, na Idade Media, á Spania ou Hispania co Al-Andalus e designan como Gallaecia os territorios cristiáns peninsulares, entre outros autores cita a Ibn al-Qutiya, Ibn al-Atir e a Al-Maqqari. Ademais dos Francos, o papado e os demais príncipes y reis peninsulares identifican á Gallaecia con todo o noroeste peninsular (incluíndo León, Asturias e o norte do actual Portugal). Por outra parte, ata o século XII, os cronistas anglo-normandos citan ó Reino da Gallaecia e ós Reis da Galicia (Amfurcio Regi Galliciae e Aldefonso Gallicae regi) cando se refiren ós territorios cristiáns do Nor-noroeste peninsular.

No ano 714, tres anos despois de que os árabes pasaron o estreito de Xibraltar o caudillo musulmán Muza chega á Lugo, pero non ocupa a Galiza de xeito efectivo. Algúns grupos de bérberes establécense no territorio meridional da Gallaecia.

Anos do 718 ó 737, Paio convértese no primeiro Rei da Gallaecia despois da invasión musulmán; sucédeo como Rei da Galicia o seu fillo Fabila, anos do 737 ó 739.


Afonso I (“o católico”), Rei da Gallaecia entre os anos 739-757, recupera territorios ata a raia polo río Douro; este Rei aparece citado en numerosos textos árabes como Rei de Galicia. No ano 740, os musulmáns abandonan territorio galego sen deixar colonias civís nin militares; o bispo Odário restaura o bispado de Lugo e dirixe a repoboazón da cidade. No 743, a crónica de Ajbar Machmua fala da “reconquista de Galicia por parte dos Galaicos cristiáns”.

Ano 757-768, Froila I, Rei da Gallaecia; no ano 761 funda Oviedo sobor dun asentamento monástico para defender a Gallaecia Asturicense (oriental) das constantes incursións Cántabras.


No ano 844 prodúcese a primeira chegada dos vikingos á Galiza; o rei Ramiro I e o duque Arximiro (señor de Trasancos) reúnen na entrada da ría de Ferrol un exército provisto de “ballistae” (catapultas) para facer fronte ás naves inimigas, que son rexeitadas e tomarán outro rumbo bordeando a costa.

Do 847 ó 866, Ordoño I é o Rei da Gallaecia; con posterioridade ocupa tamén o trono do Reino León, aínda que nas crónicas da época –por exemplo as Ibn Idari, que se consideran absolutamente fiábeis e moi rigorosamente exactas- figura sempre como Rei da Galicia por ser este o reino recoñecido e importante, mentres o Leonés carece dese recoñecemento fora dos seus territorios. Entre os anos 858 e 861 prodúcese outra invasión vikinga, procedente de Eire, que entra a través da ría de Arousa e chega a Compostela.

Do ano 862 ó 910, Afonso III "O Magno" reina co título de Rei da Gallaecia. Levará as fronteiras da Gallaecia ate o Val do Mondego; constrúe a segunda basílica de Compostela e o castelo de Lúa en terras de León. No ano 866, Afonso III consegue a coroa de Asturies e das “Terras de Foris”. O Conde de Lugo, Froila Bermudes, lidera unha revolta contra Afonso III, morrendo a mans dos partidarios do monarca.Os cronistas árabes e o Papa Juan IX refírense a él como Rei da Galiza (“Adefonso Regi Gallaeciarum” ou “Rex Galletiae”); en algúns documentos aparece como Imperator Gallaecia. Consérvanse citas do propio Rei ubicando a Sahagún, León ou Coimbra dentro dos territorios do Reino da Galicia, como por exemplo nun diploma datado no 905: “Civitate vocatur Legione, in Gallaecia”. Finalmente será derrotado por tres dos seus fillos que, posteriormente, repártense o Reino da Galicia.

No ano 930, Ramíro II convértese en soberán do Reino da Galicia despois de derrotar ós seus opositores en León e Asturies e destronando alí ao seu irmán Afonso Froilaz. Despois disto conquistará Madrid e chegará ata Santarem e Badallouce; no 937 saquea Lisboa e no 939 vence en Simancas ao exército do califa Abderramén III. Existe un texto árabe sobor da batalla de Simancas do que é autor Abdal-Monin Al Hinyari que di (traducción de Sánchez Albornoz): “Entre as nacións cas que os habitantes de Al-Andalus estaban en guerra, a Galega era a máis poderosa; a pesar de que os Francos teñen feito a guerra ós musulmáns, os Galegos constitúen os máis terribles inimigos”. Noutras partes e documentos, cítase a Ramiro como “Rei dos Galegos”, con referencias á Galiza do tipo: “é a nación máis poderosa”. Entre as súas victorias militares están Badaxoz, Mérida, Córdoba e Lisboa; Con todas esta guerras, aseguráronse as fronteiras da Galiza no val do Modego e emprendeuse a repoboazón de Salamanca. No 950 morre Ramiro II, un dos Reis Galegos máis importantes.

No ano 950, Ordoño III, fillo de Ramiro II, é coroado soberán do Reino da Galicia e logo dos de León e Asturies. No 953 fíxolle fronte a unha conspiración do conde castelán Fernán González.

955-956 primeira etapa de Sancho II como Rei de Galiza; unha nova conspiración de Fernán González de Castela consegue derrocalo.

Entre os anos 956 e 960, Ordoño IV convértese en Rei de Galicia, en alianza con conspirador castelán Fernán González; o apoio conleva que Fernán González consegue a independencia do Condado de Castela do Reino da Galiza.



...(intervalo em trabalho de búsqueda)


1030:
Viquingos e vascos batallaron no 1030 nos arredores de Lugo:
Manuel Gago atopa nas parroquias de Labio e Rubiás do concello de Lugo os rastros que corroboran un suceso referido en fontes documentais: no ano 1030 unha tropa de vascos, posiblemente guerreiros do rei Vermudo III, foi masacrada por señores feudais galegos coa axuda de mercenarios normandos.




(Derrota histórica contra os castelhanos, que provocará o futuro declive do histórico e poderoso Reino Galego).Setembro 1, Batalla de Tamarón, destronamento da Dinastía Real galaica, 1037


Abril 3 - Batalha de Nájera, vitoria da alianza atlántica sobre a coalición mediterránea, 1367


s. xv Guerras irmandinhas, o pobo enfrenta-se a nobreza (primeira grande revoluçom social europeia). Aquí seguramente fijo o seu papel oculto Castela encirrando as cousas (logo deste periodo é cando os reis católicos fam a castraçom e doma do Reino de Galiza, do que ja sería moito mais docil ate os nossos días:



(Com el cae todo uma nazom) Decembro 17 - Execución de Pardo de Cela, comezo dos Séculos Escuros, 1483


Janeiro 14 - Acolhida galega dos refugiados irlandeses da Batalha de Kinsale, 1602


Defensa de Buenos Aires do intento de conquista inglés polo moi valente Tercio de Galegos a punta de balhoneta e sem muniçom, 4 de Julho de 1807 (Logo sería disolto por participar junto com soldados vascos na rebolta contra o virrey hespanhol de Buenos Aires, cando suramerica estaba-se independizando de Hespanha). Um do generais da independencia argentina sera o ilustre Ribadavia. E por certo numa recente viagem a Argentina (por terras Saltenhas), descubrín que por esta época a primeira bandeira desenhada antes da das dois franjas azuis e uma bermelha era justo ao revés dois brancas e uma azul (horizontais, pero como será em número de raias a bandeira Galega desenhada a finais do mesmo século). Alguém podería descubrir maravilhas nas sementes Galegas da naçóm Argentina (as empanadas, facturas que coido que vira de farturas, ...).


Xuño 8 - Batalla de Ponte San Paio: Liberación de Galiza da ocupación francesa, 1809



(A que puido ser a guerra de independencia Galega) Abril, 26 - Batalha de Cacheiras e os Mártires da Liberdade ou de Carral, 1846: O século XIX foi o século da Galiza liberal e republicán. Anos despois da coalición galaico-británica contra os franceses, no ano 1815 Juan Díaz Porlier constituiu un governo provisional galego -a "Xunta de Galiza"- contra o rei absolutista hespañol Fernando VII. Cando aquel rei absolutista se fixo co poder en Madrid, Porlier -daquela Presidente da Xunta- foi acusado de rebelión e foi executado. Cinco anos máis tarde, en 1820, o Reino de Galiza convertíase no principal apoio á Revolución Liberal do asturián Rafael de Riego, e a nova Constitución liberal era rápidamente aprobada na Coruña, Ferrol e Vigo. Tres anos despois, o exército francés interviña militarmente invadindo Hespaña para derrocar ao governo liberal e implantar ao rei absolutista Fernando VII. Devolta unha vez máis a monarquía a Madrid, os galegos fixeron un terceiro intento liberal e republicán durante a ditadura rexente do General Narváez. A rebelión iniciábase o 2 Abril 1846. As primeiras forzas militares galegas en declararse non suxeitas á autoridade da monarquía hespañola eran os do Batallón de Lugo, comandados polo Coronel do Estado Maior da Capitanía Xeral de Galiza, Miguel Solís. O resto de Galiza sumouse á rebelión liberal durante os días seguintes. O día 15 Abril contituíase en Santiago o governo provisional da Xunta Superior do Reino de Galiza, con Pío Rodríguez Terrazo como Presidente e con Antolín Faraldo como Secretario. A Xunta do Reino de Galiza redactou un manifesto programático de restitución das liberdades políticas galegas e en contra do absolutismo español, que daquela consideraba a Galiza como unha colonia máis entre as suas posesións. Madrid respondeu ás demandas galegas enviando un numeroso exército con ordes de esmagar á rebelión galega. O exército da Xunta do Reino de Galiza, comandado por Miguel Solís ainda que inferior en efectivos, foi eventualmente derrotado na Batalla de Cacheiras no 23 Abril 1846. Parte das tropas galegas reagrupáronse en Santiago de Compostela, onde loitaron contra o exército español nas rúas e nos edificios da cidade, recuando logo e atrincheirándose no mosteiro de San Martiño Pinario, nun episodio que lembra á rebelión irlandesa do 29 Abril que se atrincheirou na Post Office de Dublín. Sen vía de saída, as tropas galegas acabaron por capitular ante as forzas españolas. Mais o exército español, temendo unha sublevación xeral da povoación, non se atreveu a deixar na Coruña nen en Santiago aos líderes galegos capturados. Así, cobardemente ás agachadas, doce dos principais líderes e militares galeguistas foron levados o 26 Abril a Carral, lonxe das principais cidades galegas, para seren executados por aquelas tropas españolas enviadas desde Madrid para esmagar as demandas lexítimas da Xunta do Reino de Galiza. O Coronel Miguel Solís foi fusilado no adro da igrexa de Paleo, e o resto dos líderes galegos foron pasados polas armas na Fraga do Rei. O párroco, que presenciou o fusilamento, escrebeu na acta de defunción: "Espectáculo horroroso. Triste Memoria". Os corpos foron soterrados en foxos sen nome no adro da igrexa de Paleo. Anos despois, a Liga Galega da Cruña ergueu un monumento en Carral en memoria aos Mártires da Liberdade. No monumento figura o Santo Graal do Reino da Galiza e unha inscripción adicada "Aos Mártires da Liberdade mortos o 26 Abril 1846".




Ligazóns a explicaçom




quinta-feira, 3 de junho de 2010

Vive no teu universo em paz e sé feliz (Unha do cosmos)

onde estamos no universo?
Neste video partindo dum homen deitado navega-se fora da nossa Galaxia,
a Vía Láctea para logo examinar o que se esconde na mao do homen, pasando
por unha célula, o seu código genético e os átomos formantes, rematando no
núcleo atómico. Quedaría moito por viajar em ambos límites, pero é suficiente,
para ve-la nosa posiçao neste cativo recuncho do universo.



Tanto falamos dos primeiros descobridores, agora toca comezar a descobrir novos mundos.
Video de como o fijo um dos robots mandados a Marte:



A incribel fazaña de por un pe na Lúa:







Para os máis cativos algo educativo:



Para compartir a presentaçao: http://docs.google.com/present/view?id=dc36vck8_186dp48qccd



Ainda nom che gusta a astronomía, mira este video e logo acostuma a mirar para o ceo.

Dois-maravilhosos-timelapses-astronomicos

Ligazón do centro de astrobioloxía máis preto






sábado, 15 de maio de 2010

Unha de mapas de linguas

Noraboa a aqueles Galaicos, que falan Galego-Português (e saben-o ler e escrever correctamente), Castelán e aprenden outra(s): inglés e/ou francés e/ou ... porque deles será o reino das oportunidades (ou o ciber reino)




Imaxe curiosa: Portugal nâo é um país pequeno