Reino de Galiza

Dende o II Reino de Galiza, á expansom por parte de Portugal da nosa lingua

sexta-feira, 14 de janeiro de 2011

Galiza no Mundo



Nom, isto nom vai por aquel programa famoso da TvG (ainda que tería alguma anécdota para contar vista dende BosAires).

Esto vai para reflexionar sobre a nosa posiciçao cultural no mundo de hoje.

Aqui vai uma taboa, para completar, precisan-se voluntarios. Ajuda GalegoLusofonía !!!


Aquí vai a Táboa. Basicamente uma linha por nazom, as cores representas as linguas-culturas mais extendidas:

Verde coma o da primeira columna para a LatinaCeltica-Galego-Lusofonía-Brasil

Azul para a anglosajona-inglés

Verde fosforito ou intenso, para a cultura arabe-musulmá

Amarelo para a Latina-hespanhola-castelhana

Bermelho para a Latina-Francesa




Aquí de onde vou conseguindo os dados (a internacional wikipedia em Português)

terça-feira, 4 de janeiro de 2011

Pensando nos Nomes de Nazóns



Fixachedes-vos de algúns nome curiosos de paises no mundo.

Algúns non fam referencia ao seu orige, e hai que indagar na súa historia para saber que significam como estado.

Quédome a comentar os:

Espanha (Hispania): Nome originario polos Romanos á peninsula ibérica. Das nazóns nacentes do norde que aplastaron ás do sul na reconquista, o conceito nacional máis antigo é a cuestión Vasca (Euskadi) de orige nom indoeuropeo, perde-se na orige dos tempos. Logo sería a Galiza, de orige seguramente tipo celtica (polo moitas costumes e topónimos).
Os castros xurdiron así na época do ferro e Galiza ahí era a parte mais densamente poboada da Iberia como atestiguam os romanos e os máis de 5000 castros que quedam hoje) que deribou em tres entes nacionais: A Galiza e o pais AsturLeonés colonizados por Castela e de terceiro o Grande Portugal, fillo natural de Galiza (coma condado PortuCalense, na que Braga a antiga capital competía com Compostela, a nova) que consagrou-se na historia extendendo a lingua Galega além do rio Douro e além dos mares. Os reis de Portugal tenhem-se queixado moitas vezes do uso inadecuado de fazer-se chamar reis das Espanhas á monarquía castelhana (logo colonizar a Galiza, Asturias-León, Aragóm-Catalunha, Navarra e Granada), já que o rei de Portugal gobernaba parte da Hispania (o sul da Gallaecia e mais a Lusitania romanas).

United Kingdom (reino unido): "Unión" de Inglaterra (terra dos anglos e sajóns chegados no s. V e que fixo fuxir a parte da poboazóm celtico-romana, poboando a Bretanha francesa ou a regióm do Mondonhedo na Galiza) co resto dos célticos de Irlanda do norde, Escocia, Gales e Cornualhes son os que supostamente están mais que unidos, forzosamente pegados a centralizadora e anglosajona Londres. O idioma oficial é o inglés (base xermánica, com fortes influenzas dos normandos e franceses), o de Corunualhes leva um seculo estinto, e o Irlandés, Escocés e Galés (as última linguas célticas da Europa, a mais da de Bretanha) nom estám moito milhor.

United States (estados unidos): a primeira república moderna dende finais do s. XVIII froito da independecia do anterior. Pero este sistema democrático sería superado no social por constitucións de outras nazóns. O idioma quedou-lhe só o inglés pero som uma mestura de pobos europeus (moitos irlandeses, por certo), africanos e americanos.


quinta-feira, 2 de setembro de 2010

Galeghando, é o que nos queda com este goberno da Xunta antiGalego

Galeghando,

Para lutar pola nosa cultura.

Feliz Volta ao Cole



Noraboa a gente de Silheda por este fermoso trabalho audiovisual de grupo.

ies Pintor Colmeiro

sexta-feira, 20 de agosto de 2010

A 3º nazóm filha da Gallaecia Romana: O Reino AsturLeonés

"Vouno escribir en Galego normativo da Xunta, para axudar á lectura de posibeis irmáns do leste"

Xunto con Portugal, o irmán mais proximo da Galiza antiga (por Lingua e historia), temos no ESTE (ASTORGA -conventus asturciense-, o terceiro fillo da Gallaecia) o que resultou na nazón AsturLeonesa, hoxe en día nos campos de Lingua, Cultura e identidade é a máis castiga na castellanización-españolización da diversidade histórica de Iberia. Imos a aprender algo dos nosos irmáns do leste:




http://corazonleon.blogspot.com/

Neste moi bo Blog dun historiador Leonés, pódese ollar mapas antigos, ver a historia do Reino de León e saber algo sobre a lingua AsturLeonesa, que xunto co GalegoPortugués naceron dos romances falados na Gallaecia occidental e oriental. Extendidos en sentido sul coa reconquista.




Como ves Terra de Campos, non é castela era un territorio da Gallaecia que pasou ao Reino de León. E o que os casteláns chaman Ruta da Plata, é o camiño Real do Reino de León dende Estremadura a Asturias. Corríxelle o nome.

Un resto deste pasado o temos da rexión Portuguesa de Miranda do Douro, a única parte de Portugal onde se fala dúas linguas a bernácula o Mirandés, non é mais que AsturLeonés Portuguesizado.

O equivalente noso do GalegoPortugués da Galiza que logo de máis de 5 séculos levando paus para falar so o castelán, castelanizamos un pouco o noso acento, por iso tamén semella Galego toda a franxa de fronteira Portuguesa cara o sul dentro de España, porque falan GalegoPortugués algo castelanizado.

A Parte de que unha vez Castela dividiu o que poderiamos chamar o II Reino de Galiza entre a Galiza de hoxe e o Condado Portucalense (a nacente Portugal). Nos na parte norte no devir dos tempos fomos incorporados ao Reino de León e participamos na Reconquista desa franxa, deixando so a Portugal a reconquista mais ao sul do Rio Mondego (Coimbra). Esta é a razón de que na zona do Reino de León ate Extremadura haxa cantidade de toponimos, apelidos e cultura "Galega" propiamente dita. Reconquistamos como antigo irmáns da Gallaecia, novamente unidos(Galiza-León). Pero Castela pechou o paso ao mar polo sul conquistando Huelva para territorio castellano. Se non hoxe igual teriamos outras partes do mundo que tamén poderian falar AsturLeones (se León tivera mantido a independencia de castela, xa que moitos descobridores que pasan por Hispánicos ou castellanos son realmente GalegosAsturLeoneses).

Pero lembra que a nosa fala culta, o Português é a lingua maís falada no hemisferio sul, a terceira do mundo occidental ou a 7 do mundo.

Non te empobrezas mentalmente, pensando que falar Galego non ten importancia, estás facendo teu unha lingua milenaria e internacional

terça-feira, 17 de agosto de 2010

Traduçom do alegato de Alexandre Bóveda no juízo sumarísimo que o condenaría a morte em 1936 polas súas ideas de nacionalista galego

"A miña patria natural é Galiza. Ámoa fervorosamente, como pode amar un fillo a súa nai. Xamais a traizoaría, aínda que me concedesen séculos de vida. Adóroa até alén da miña morte. Se entende o tribunal que por este amor entrañábel debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela. Fixen canto puiden por Galiza e faría máis se puidese. Se non podo até me gustaría morrer pola miña patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado, se o tribunal, en conciencia, xulga que debo selo.






E este agarimo –permítaseme a única palabra galega no idioma que falei sempre– que lle teño á Terra Sagrada na que tiven a sorte de nacer, non me obriga a sentir ningún odio a España, á que, por dereito, pertenzo. Só combatín os seus erros, e, ás veces, as súas crueldades políticas para coa miña Galiza idolatrada. Máis nada."
Por certo, a historia do que aconteceu coa bandeira coa que quixo ser enterrado paga a pena de se ler. Recoméndovos para iso o libro Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, de Xerardo Álvarez Gallego.


-> Este post é um copia e pega do de Carlos Calhóm, pero a grandeza do relato fijo-me copia-lo para ajudar a súa maior difusom.

Pobos á procura da liberdade



Pobos á procura da liberdade

O noso pobo, irmán de Portugal, coa mesma lingua e logo do Pais AsturLeonés.



Os Galegos nom devemos avergonhar-nos da nosa lingua e da nosa historia, o único certo é dende que perdimo-la nosa independência no medievo, a nossa prosperidade e cultura foi en declive, inversalmente proporcional a prosperidade dos castelhanos, que inventarom um novo estado, dicindo que o pais Asturleones é parte deles.

O Galego, na variante fonética Portuguesa, é a lingua máis falada no hemisferio sul, a terceira da cultura occidental ou a quinta lingua mais falada do mundo.

Usa a grafía historica e etimológica, que é a grafia portuguesa e recuperas todo uma cultura internacional esquecida (forzaron-nos a esquezela).

Viva Galiza Ceive.

Abaixo coa extinçom da nosa lingua por parte dos radicais do PP.
A única lingua propia de Galiza é o Galego (com escrita portuguesa ou coma se queira, pero é o Galego). O Castelhano é a lingua de imposiciom dende fai máis de 5 séculos, pero que neste último seculo fixo diminuir vertixinosamente a fala da nosa lingua propia a golpe inxustizas e sobre todo mentiras poderosamente repetidas por toda a propaganda televisiva e de prensa espanhola.

O Galego nunca se impuxo, nim se pode imponher porque é a lingua propia do noso pais (a bernácula), o que se trata e de recupera-lo, como acertadamente se fixo ja no Pais Vasco e en Catalunya coa volta da democracia, e isto chama-se integraciom linguistica, non hai outra pero aqui se nos inventou un metodo milagreiro que nom fai nada so descriminar á nosa lingua milenaria. A unica lingua que claramente se está a imponher é a castelhana.

E todo isto porque, porque non se quere que os Galegos espertem do sono de 5 séculos, nos cuais prohibese a nosa lingua en Galiza (onde naceu). E tampouco querese que se escreva coa escrita internacional como devería, ja que é falada no mundo por mais de 200 milhoes de persoas, nim se permite ver televisioes em português polo mesmo motivo. Porque así os Galego nos decatariamos da grande trola que permite explotarnos coma parvos para beneficio de hespanha.

Un Galego no seu propio pais nom pode vivir os 365 días do ano na súa lingua (obrigan-o a usar o castelhano e mil gentioms ou burrocracias). Pero ao revés si que se pode vivir. Qual e a lingua que realmente esta-se a imponher???


Aquí quedache a ligazom aos pobos sem liberdade de Europa

quarta-feira, 4 de agosto de 2010

Imagems para reflectir uma realidade Ocultada. A Diversidade nacional na iberia

Uma nazóm milenaria, emerge dende a época castreja...

Coa invasóm arabe, divide-se en dous pobos...





Ambas nazóms irmáns expanden-se cara o sul, pro son divididas em mais pedazos pero somentes hai duas linguas (GalegoPortigues por occidente e AsturLeonés por Oriente) ...





Rematada a terra toca a conquista oceanica...


Pero em todas as historias, sempre hai malvados que fam das suas...


Os Bardos das Edades chamam a erguerse e facer um cambio



Juntemonos cos que falarom e falam a nosa mesma lingua.



Em mapas como este um entende, porque um Galego sinte-se como na casa cando vai ao sul, ou a zona Asturleones (... e Zamora, Salamanca, Caceres e Badajoz (oeste). E porque aquí as costumes som tam semelhantes as nosas. O bo comer, os bos jamóms (Jamóms de porco em antigas terras musulmás). As frases como: Galegos e Asturianos... ETC, ETC, ETC.

GALIZA E PORTUGAL (CO IDIOMA GALEGO PORTUGUES) E ASTURIA E PROVINCIAS DO ANTIGO REINO DE LEON ( CO ASTURLEONES) SOM NAZOMS IRMÁMS QUE VENHEM DA ANTIGA GALIZA ROMANA. PODEMO-NOS TOMAR A LIBERDADE (ISO SI SEM MOITO RIGOR TECNICO) DE QUE DAS TRES ANTIGAS PROVINCIAS DELA, A LUCENSIS (VEU NACER A GALIZA DE HOXE), A BRACARENSIS (A PORTUGAL) E A ASTURCENSIS (A O PAIS ASTURLEONES)