Fixen unha baralla Galega (Naipe Galego), o 2009 foi o aniversario da creación do Primeiro Reino de Galiza hai 1600 anos. Hai que dar luz ao noso glorioso pasado,
e entender quen son os verdadeiros fillos do noso antigo Regnum (Galiza e Portugal pola banda occidental co Galego como lingua do Pobo e de Reis, hoxe en día con dous sistemas de escrita -o noso castelanizado- que ainda así non impide descubrir cales son os nosos verdadeiros irmáns culturais. Na banda oriental do vello regnum, naceu na segunda etapa Asturias e León, co Astur-Leonés-Mirandés como lingua curmá nosa, coa lingua aínda máis castigada pola castela arrasadora cultural).
Felicidades a tódolos "Galegos Bos e xenerosos" de todo o mundo polo aniversario.
De momento hai este boceto que é perfectamente imprimibel e xogabel,
(Ten algún erro tipográfico maís ainda lle falta algo de correpción)
Como agasallo orixinal é doado de imprimir (en imprensa profesional e cartón pódeche custar sobre 3 €) máis tamén podes imprimirlle pola outra banda algunha foto ou imaxe persoal.
Ten licenza creative commons, polo que podes mellorala segunda este tipo de licenza non comercial
Ligazon GDocument

Nenhum comentário:
Postar um comentário