Reino de Galiza

Dende o II Reino de Galiza, á expansom por parte de Portugal da nosa lingua

sexta-feira, 15 de maio de 2009

EntreVista

a quen llo adica?

A tódalas aquelas persoas que traballan polos intereses do noso pobo,
dendo organizacións sociais ecoloxistas, ...

Por que?

Semella que no día de hoxe ser nacionalista galego (ou de outro, que
non sexa un pais da ONU) é case como esta enfermo ou tolo.

Nada máis lonxe da realidade, ainda no 2009 na distribucións da
nacións oficiais actuais, existe unha grande desequilibro entre
pobos recoñecidos e existentes.

A "moderna" Galiza é un deses casos (cicais por seren unha das nazóns
europeas máis antigas)... a cousa case que chega ao ridículo,
a poboación está acostumada ao pasotismo político e participativo
(cousa fomentada polo goberno, para telos durmidiños e
calmadiños (pan e circo).


Polo que fago un chamamento a modernidade, de xeito que aumente a
participación cidadá, que cando haxas eleccións, apóstese
por un partido nacionalista galego que hai para elixir (de ideoloxía
de dereita e de esquerda, etc.) e sobor de todo que en contra do que
queren facer pensar algúns (de todos
é coñecido a todopoderosa ferramenta mediática centralista), a xente
ten que darse conta de que apostar polo Galeguismo
non e ir en contra de nada (España), xa que historicamente pertencimos
a unha nazón de nazóns (federación), na que nun primeiro momento
se respetaba as particularidades de cada un, e isto pode voltar. Para
min está claro que a forma de estado tiña que ser
unha Federación de repúblicas (na que a Monarquía xa fai tempo que non
representa nada máis, que un sistema opresor, e que impide
respeta-las liberdades de cada pobo peninsular). Esta é a verdadeira
riqueza do noso pais.

da nosa ridiculización como pobo, basta a cantidade de mentiras que
lle fixeron crer a nosa xente, cando se prohibía a educacións
da nosa cultura (que so permaneceu de xeito popular).

o non deixar chegar a radiotelevisión portuguesa.