Reino de Galiza

Dende o II Reino de Galiza, á expansom por parte de Portugal da nosa lingua

domingo, 21 de fevereiro de 2010

Un xigante irmán cultural Galego: Brasil

Máis concretamente curmá ou neto, se consideramos a PortuGal, pai (ten a capitalidade hístorica de Braga), irmán (os dous conventus romanos que falan linguas GalegoPortuguesas) ou fillo (pola evolución da reconquista e nacemento de Compostela, a nova capital medieval).



Clica na ligazón do título para ir a Wikipedia e que che explique máis sobre esta grande nazón

Para aproveitar ao máximo a nosa lingua Galega un pouquichinho de formación, remitidas polo meu amigo PBravo:

"Olá. Esta mensagem vai dirigida sobre tudo ao Xavier, que quer melhorar seu conhecimento da língua portuguesa. Desde este artigo recente do PGL

http://www.pglingua.org/index.php?option=com_content&view=article&id=1994:algumhas-dicas-para-melhorarmos-o-galego-escrito&catid=3:opiniom&Itemid=80&Itemid=36

podes informar-te e baixar algum dos recursos mais solicitados.

Também, no velho PGL, se pode baixar o TOPOGAL (toponímia da Galiza). Eu baixei-no mas não fui quem de activá-lo.

Também no PLANETA NH há múltiplos jogos para a aprimoramento da nossa língua. Por exemplo este, dum colaborador, que inseri há pouco, e baseado num dos livros citados no artigo (Do Ñ para o NH).

http://www.agal-gz.org/planeta/front/?what=score_detail&univers=14&quizid=427&part=yes

Saudações "

Ligazóns relacionadas co artigo e algunhas máis:

Algumhas dicas para melhorarmos o galego escrito

http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=3083

http://www.agal-gz.org/planeta/front/?what=score_detail&univers=14&quizid=427&part=yes


http://www.google.pt/


Galiza e Portugal, uma só nação!

O nosso idioma é internacional


http://www.galizalivre.org/



http://www.lusografia.org/amizadegp/



Diccionario recomendados do texto de PBravo:



http://dic.busca.uol.com.br/

http://www.wordreference.com/

sábado, 20 de fevereiro de 2010

Lembrando a evolución do Reino de Galiza





Desta volta imos a imaxinar primeiro (para logo ve-la realidade) unha posibel evolución peninsular facendo un punto de inflexión diferente, no momento en que o noso gran no cu (o condado de castela) para nos na época do grande Reino de Galiza, o Reino histórico peninsular -o primeiro europeo na idade media- de dinastía sueva, señores astures logo e dende Estaca de Bares ata Coimbra -recén reconquistada por nobres Galegos- nacería unha novo Reino de Galiza esta xa non co latin como lingua diferenciada, senon co nacente Galego, tanto medo metimos que dividírannos en dúas partes: Galiza e Portugal -o segundo o xa existente Condado Portugalenese reconquistado tamén por nobres Galegos.
Máis asimilabeis para debilitarnos e beneficio dos casteláns -aquel gran que se converteu nun reino co apio Navarro- pero que falaban unha lingua tan pouco valorada que usarían o Galego para a composición poética durante centos de anos).

Fomos sucumbindo ante este cancro en que se converteu Castela. Primeiro devorou a Galiza Oriental (A que nacera do Conventus Asturcensis: Asturias e León), dividiría a Galiza Occidenteal como xa dixemos (Conventuas Lucensis e Bracarensis) e dous condados que voltarían a ser Reinos, colonizando a do norte (a actual Galiza nosa máis pequeniña).

A Galiza do sul (Portugal - Porto Cale, Cale seguramente da mesma raíz que CALlaicos=Galaicos, non é coincidencia!!!) consegueu expandi-la súa cultura polo mundo e crear unha nova nazón a que hoxe estase a convertir en unha das novas potencias mundias: Brasil. Pero o Galego non somentes serve no continente americano, no africano existen moitos paises nos que se fala, algúns tan grandes como Angola e Mozambique, pero se imos a India, veremos que na costa a cultura portuguesa deixou pegada en multitude de vocablos moi similares aos Galegos, se imos ate Macau (na China), chocaranos ir no Autobús e ver en bilingüe -Portugués e Chino- cartaces por tódolos sitios. E antes de chegar a Autralia no maremagnum de illas indonesias, a maior parte da Illa de Timor sobre todo do lado oriental (14 mil km²) forma parte tamén da cultura portuguesa.

O galego coa escrita castelanista non debe de ser un impedimento para afastarnos do nosa vía cultural e lingüística, a Lusofonía (a min no me gusta ese termo, porque o Galego-Portugués naceu na Galiza non na Lusitania, e por riba Extremadura centro da Lusitania reconquistouna Galiza con León pero é de uso corrente hoxe en día). Porque non dominar dúas linguas internacionais e de prestixio de xeito nativo. Isto sería algo diferenciador para os Galegos que nos traería multitude de posibilidades e beneficio económico, neste mundo cada vez maís globalizado.

Aprender na escola a escribir etimolóxicamente o Galego trae todas estas ventaxes. Para que cando sexamos xa maiores non teñamos esa crise identitaría (Porqué o Galego parécese ao Portugués falado e ao Castelán escrito¿?)



Nesta imaxe para que non te sintas so, pódese xa ver a evolución real que tiveron as linguas (nazóns, xa que as definen de xeito principal) na reconquista.

Vemos como collendo terreo aos mouros a nazón antiga de Gallaecia, dividiuse en dúas pola lingua GalegoPortugués e AsturLeonés.

Na parte oriental desta última medrou o Castelán (non era máis que un territorio -Burgos- pegado as vascongadas que aproveitou a Reconquista de Gallaecia na meseta norte para expandirse cara o sul e que logo colliu pulo foi aniquilando as outras linguas nazóns). Moi similar a esta última temos o aragonés que coido medrou nos pirineos de antigas terras vascas romanizadas, a existencia do sistema ibérico, e a forza de Castela ao chuparlle o sangue á Gallaecia, permitiulle corta-lo paso. Os Vascos un dos pobos máis antigos de Europa (coma nos pero ainda máis antigos) parece que teñen un apego máis forte á Terra, porque o seu referente na Idade Media: O Reino de Navarra non se expandiu cara o sul nun principio e logo quedou atrapado polos seus irmáns culturais (Castela e Aragón).

Na parte do Mediterraneo, medrando a partir dos Pirineos orientais e a antiga Marca Hispánica, saiu unha identidade nova que serían un dos comerciantes prósperos do Mediterraneo.

O dito, non te sintas so como Galego, falando a túa lingua porque nos queren facer ver o que non é cando por exemplo vemos a tele. A grande España na que se fala Español (falso porque Hispania -para os romanos sinónimo de Iberia- ten moitas linguas, o castelán non é máis que ese triangulo central que ves na imaxe de abaixo -non representaba nin a metade da peninsula)


Estamos ante nunha nazón de nazóns con moitas linguas que o estado Hespañol centralista de dinastía castelá quere simplificar (á francesa) eliminando todo resto de diversidade, todo isto de xeito sutil, mergullando na sociedade este cancro que avanza paseniño pero imparabel e invisibel para a túa conciencia, se non lees nin viaxas nin abres os ollos --> como é o sistema político e social da ala radical do PP ou PSOE).



Estado máis ou menos actual das linguas, como vese o Asturleonés foi arrinconado nas beira das motoñas igual pasa co Aragonés. En Asturias seguro que panorama de extinción é moi severo ainda que non o reflicte esta imaxe. O vasco é algo simbólico do que foi o seu pasado, e en Galiza e Valencia a situación seguro que é maís que preocupante. Con este panorama Catalunya con gobernos e poboación maís que concienciada co tema (e orgullosos da súa identidade e pasado). Son un modelo lonxe de nos. En extremadura (a lusitania española) reconquistada na Idade Media, por Galiza e León, queda algún rastro do pasado pero que será segurametne cousa do pasado dentro de pouco.





Con xustiza histórica pido un modelo diferente de Estado que respete a diversidade:

Unha repúbica Federal (como pedía Castelao, no seu libro sempre en Galiza). Que de feito era o que na práctica existia na Idade Media (Reinos que se "federeban" segundo as súas necesidades, ou herdanzas de trono pero que internamente mantiñan a súa autonomía cultural)
Máis que isto sería a nosa independenza ou coaligarnos co noso irmán cultural Portugal (fora complexos).
O que non ten sentido que a Hespaña Castelá queira asimilarnos destrozando toda a nosa identidade cultural, cando estamos nun periodo de Federecionismo Europeo para facer fronte a esta época de xigantes globais. Un dos cales será irmán noso: Brasil.


Nesta imaxe da wikipedia, podemos ollar a nazón Galega que no novo mapa Europeo xa non se ve tan soa en tamaño, cos falsos estados que había antes. Europa unha das zonas do mundo onde a diversidade cultural ainda é algo máis forte e varida (será porque nos mesmos exterminámola a non europea) parece que pide algo de respeito para si mesma.