Reino de Galiza

Dende o II Reino de Galiza, á expansom por parte de Portugal da nosa lingua

domingo, 5 de abril de 2009

Windows en Galego


Para ter Windows en Galego (Se é que ainda non migraches a Linux, eu teño Ubuntu en Galego e vai como unha moto, sen fallos e a todo gas).

Quero que saibades, que para Windows 98 existe unha traducción non oficial feita artesanalmente por un amigo meu de Coruña (nesta páxina tamén está o primeiro xogo de Mario traducido integramente ao Galego), eu compaxinei esta traducción cunhas antigas iconas e vieiros (punteiros) de motivos galegos, que proximamente estarán coma ligazón eiqui.



Windows XP ten unha traducción en Galego ao igual que o Office 2003 de "Microshop". A do Sistema Operativo teremos que baixa-la da páxina do fabricante, e instalar con dereitos de administrador, e logo xa podemos instala-lo parche para traducir o Office (De tódolos xeitos aproveito para promove-lo uso do OpenOffice que cada versión é moito mellor, haina en Galego e é gratuito como Linux).

Ao que viña coa creación deste artigo, eu decubrín hoxe que Windows Vista, xa ven coa traducción de Galego a tedes en Panel de Control\ Reloxo, idioma e rexión\ Opcións rexionais e de idioma\ Teclados e idiomas\ Escolla un idioma de visualización\ Galego.

De tódolos xeitos hai esta ligazón aparece o arquivo na páxina de microshopo, e eiqui deixo a presentación ofcial.

Se queres instalar un tipo de letra CASTELAO copia o arquivo de descarga, logo de descomprimilo no cartafol c:\windows\fonts




Eiqui deixo outra tipo de letra, Descripción e Descarga (hai que facer clic en

"Click Here to start your download")


Ligazóns anexas:

WXp en Galego
Office 2007 de Microsoft en Galego

Nenhum comentário:

Postar um comentário