Reino de Galiza

Dende o II Reino de Galiza, á expansom por parte de Portugal da nosa lingua

segunda-feira, 26 de setembro de 2011

A luz do verdadeiro peso histórico de Galiza

Con esta imagem de Penas de Rodas em Outeiro de Rei (A Galiza)

Observatorio astronómico prehistórico Galego (dim que aponta ao solsticio de
verám) quero agradecer a chegada desta leitura tan interesante.

Obrigado ao meu amigo Frederico, que me envio este arquivo moi interesante:




A trabe de ouro nº 72


A ÁREA GALEGA NA PREHISTORIA LINGÜÍSTICA E CULTURAL DE EUROPA

Francesco Benozzo & Mario Alinei* (Tradución: Xiao Roel)



1. AS PRINCIPÁIS TEORÍAS SOBRE AS ORIXES INDOEUROPEAS

A teoría tradicional, que na súa versión máis recente e nun certo senso máis autorizada foi elaborada por Marija Gimbutas (1970, 1973a, 1973b, 1977, 1977, 1979, 1980, 1982, 1990a, 1990b), dominaba incontrastada, até hai uns vinte anos, os estudos glotolóxicos. Segundo esta teoría, como sabedes, os Indoeuropeos eran na súa orixe un pobo de pastores guerreiros a cabalo que viviron en correspondencia coa cultura do IV milenio, isto é, a da

* Os autores deste estudo subliñan que, aínda que foi concibido en conxunto e no ámbito dunha idéntica visión do problema da prehistoria lingüística e cultural europea, compre atribuir a Mario Alinei os puntos , e a Francesco Benozzo os puntos 4,5,6,7 e 8.

Idade do Cobre ou Calcolítico: cultura chamada tamén dos hurgan (dunha palabra rusa de orixe turco-tártara que significa «túmulo funerario»). Desde as estepas da Ucraína estes pastores guerreiros collerón despois a forma das culturas chamadas do Machado de Combate e deseguido invadiron Europa en diversas vagas, exterminando ou sometendo as poboacións autóctonas do continente europeo, e substituíndo todas as linguas preexistentes coa sua propia lingua. A teoría da invasión calcolítica presenta por tanto un escenario que se podería definir como apocalíptico, e implica ademáis a estraña idea dunha absoluta superioridade da poboación inmigrada sobre a autóctona, presupoñendo un baixo nivel das civilizacións europeas precedentes, supostamente pre-indoeuropeas.

Non é casual que este escenario remonte ao século XIX, isto é, que fose elaborado nun contexto no que tamén puido nacer a ideoloxía aria: abonda follear os libros dos pais fundadores da indoeuropeística para achar un impresionante número de referencias á raza aria destinada a conquistar o mundo!

Volvendo aos aspectos lingüísticos, neste cadro tradicional a diferenciación do indoeuropeo común nas diversas linguas indoeuropeas tería sucedido só a partir do IV milenio a. C., por efectos dos diversos sustratos que os pastores guerreiros terían atopado nas súas oleadas expansivas. Naturalmente, neste cadro de referencia, é dicir, partindo dunha teoría e dunha cronoloxía segundo a cal o indoeuropeo indiferenciado aínda tería existencia no Calcolítico, non pode haber alternativas á idea de que o latín tería nacido pouco antes do I milenio, e tivo despois unha vida moi breve, e á idea de que os dialectos romances se sitúan despois da fin do Imperio de Roma, e de que o seu desenvolvemento tería tido lugar no percurso da Idade Media. Isto é canto aprenderamos e canto aínda lemos nos manuais de Filoloxía e Lingüística Románica.

Nos derradeiros 40 anos, afortunadamente, mentres a lingüística seguiu a traballar de xeito autorreferencial baseándose sobre este paradigma, outras disciplinas, e entre estas en particular a arqueoloxía, deron enormes pasos adiante: en primeiro lugar coa descuberta de métodos de datación cada vez máis precisos, que impuxeron un radical cambio de todas as datacións da prehistoria europea, facéndoas moito máis antigás do que as tradicionais; despois co desenvolvemento das metodoloxías de análise e de intrepretación cada vez máis sofisticadas, que levaron a unha gradual revisión das concepcións tradicionais sobre a prehistoria europea.

O primeiro dato importante que aboia da investigación arqueolóxica é a eliminación, ou en calquera caso o redimensionamento do presunto papel das invasións. O segundo dato é a acentuación dos aspectos da continuidade e a maior importancia atribuida, na evolución histórica, aos desenvolvementos internos de tipo económico e social. No cadro desta radical revisión da prehistoria europea tense comezado a dubidar cada vez máis da sostibilidade da teoría tradicional das invasións calcolíticas. Existen de feito abondas probas positivas da continuidade étnica e cultural das varias áreas europeas, para poder soster a tese da Gran Invasión sen caer en contradicións coa documentación arqueolóxica. Pódese afirmar que hoxe ningún arqueólogo cre aínda seriamente na teoría tradicional sobre as orixes dos indoeuropeos.

O logro desta certeza é debido ao progreso de toda a investigación arqueolóxica moderna, desde Gordon Childe até hoxe; pero o estudo arqueolóxico que puxo no candieiro o

Francesco Benozzo A Mano Alinei A área galega na prehistoria Lingüistica...

problema indoeuropeo de maneira explícita, e que máis contribuía a demoler a teoría tradicional e a difundir as novas ideas foi o do arqueólogo inglés Colin Renfrew, aparecido no 1987 e titulado Archeology and Language: the Indo-European Puzzle. Neste libro Renfrew apresentou de maneira sistemática os argumentos críticos que impiden admitir unha gran invasión seguida da substitución etnoligüística en época calcolítica, e que por tanto impiden identificar na cultura dos kurgan as orixes dos pobos indoeuropeos. Ademáis de derrubar a teoría tradicional, Renfrew propuxo unha nova teoría das orixes indoeuropeas. Para construíla baseouse sobre unha conclusión fundamental da investigación arqueolóxica moderna: no novo cadro de continuidade xeral da prehistoria europea, o único momento de relativa discontinuidade, que dalgunha maneira podería estar asociado a un gran cambio cultural e lingüístico, é o do inicio da agricultura, arredor do VII milenio. En termos arqueolóxicos, este momento defínese como o inicio do Neolítico, e o seu proceso é chamado neolitización, é dicir, Refrew substitúe a invasión da Europa do Calcolítico por parte dos guerreiros kurgan por unha invasión pacífica no inicio do Neolítico, por parte dos primeiros cultivadores, e fai logo coincidir o proceso de difusión da agricultura co proceso de difusión das linguas indoeuropeas. Efectivamente, a Europa como a outros lugares, a agri­cultura chega da área chamada da Media Lúa Fértil, no Oriente Medio, de sempre conside­rado o berce da agricultura e ten o seu primeiro foco europeo nos Balcáns. Aquí, no VII milenio, desenvolveuse un complexo cultural chamado precisamente Neolítico Balcánico, seguido axiña logo por outro, na área do alto Mediterráneo central e occidental, chamado cultura da Cerámica Impresa/Cardial. Dous milenios despois, no V milenio, na Xermania desenvolveuse logo a cultura da Cerámica Lineal, Renfrew ve por tanto no complexo neo­lítico balcánico a matriz das linguas indoeuropeas da Europa Oriental, é dicir, principal­mente grego, ilirio, eslavo; no da Cerámica Impresa/Cardial do VII milenio a matriz do grupo itálico, e no da Cerámica Lineal a matriz do grupo xermánico. Logo, segundo a súa teoría, o céltico teríase desenvolvido máis tarde, cando a agricultura alcanza tamén o noro­este da Europa (Cfr. ademais Renfrew 1992, 1996, 1998, 2001).

2. A TEORÍA DA CONTINUIDADE PALEOLÍTICA

Se ben os indoeuropeístas nun primeiro momento mantiveron esta teoría, logo a refugaran decididamente, pero hoxe comeza a ser considerada tamén con certa atención por algúns deles. A idea dunha invasión neolítica de grandes dimensións, non obstante, foi axiña criticada polos propios arqueólogos especializados no estudo da transición do Mesolítico ao Neolítico. Eles puideron facilmente demostrar que a neolitización da Europa non chegou como consecuencia dunha gran invasión que tería atinxido o continente enteiro, senón a causa dun complexo proceso de difusión dos produtos e das técnicas da agrogandería, ás que acompañan modestas contribucións inmigratorias que só interesaron á área dos Balcáns, á Xermania, en menor medida á área mediterránea centro-occidental, e nada de feito ao resto de Europa. Tamén nas áreas devanditas, non obstante, non houbo invasión ningunha, senón que foron os mesolíticos locais os que aprenderon dos recén chegados as novas técni­cas de produción e as aplicaron no seu territorio. Sobre a base desta crítica de tipo arqueoló­xico á teoría de Renfrew, foi formulada outra teoría sobre as orixes indoeuropeas, segundo a

cal os Indoeuropeos non terían chegado nin da Ucraína como guerreiros nin como cultivadores do Oriente Medio, senón que serían os herdeiros das poboacións que se atopaban en Europa desde sempre, isto é desde cando o Homo sapiens sapiens se espallou polos varios continentes do Vello Mundo, no Paleolítico, procedente da África. Esta teoría é ilustrada analiticamente nun libro en dous volumes de 2.000 páxinas titulado Origini de lle Lingue d'Europa, do que o primeiro volume saíu no 1996 e o segundo no 2000 (Alinei 1996-2000). Case contemporaneamente, tamén o arqueólogo belga Marcel Otte apresentara unha teoría moi semellante (Otte 1997), á que adheriu a seguir tamén o arqueólogo alemán Alexander Haüsler (Haüsler 1998). Ao redor desta teoría, chamada Teoría da Continuidade Paleolítica. naceu un grupo de investigación do que forman parte lingüistas, filólogos, historiadores, xenetistas e arqueólogos, que publica os seus traballos no sitio da internet, constantemente actualizado, . A Teoría da Continuidade reconcilia finalmente a lingüística comparada cos asuntos propiamente evolutivos e histórico-lingüísticos, cos logros das investigacións máis recentes da paleoetnoloxía e da arqueoloxía. Sostén, substancialmente, que a patria orixinaria dos Indoeuropeos sería África, é dicir, a mesma de todas as poboacións modernas e de todos os phyla lingüísticos do mundo; os máis antigos asentamentos das poboacións indoeuropeas fóra da África hanse atopar nos territorios ocupados actualmente polas propias linguas indoeuropeas; Europa tería sido poboada, segundo as primeiras datacións indicadas polas investigacións, polos indoeuropeos xunto coas outras poboacións non indoeuropeas presentes despois historicamente in loco, como por exemplo os urálicos: a relación etno-lingüística prehistórica entre os Indoeuropeos e os outros pobos euroasiáticos sería logo unha relación de adstrato/parastrato e non de superestrato/sustrato; de feito, desde o momento en que a chegada dos Indoeuropeos, e das outras xentes, coinci­diría co primeiro poboamento euroasiático do Homo sapiens sapiens, o considerado sustrato indo-mediterráneo non existiría, como non existirían pobos preindoeuropeos; as linguas indoeuropeas, pero tamén as non indoeuropeas presentes no territorio euroasiático, estarían xa formadas a partir cando menos do Mesolítico; toda invasión de masas no Neolítico e no Calcolítico cómpre excluílas, e as poucas invasións e infiltracións locais comprobadas pola arqueoloxía ou reconstruidas pola da xenética constituirán factores de hibridación e non de substitución; a agricultura teríase difundido na Eurasia segundo un modelo complexo, baseado na integración, en mosaico, de desenvolvementos locais, de aculturacións e dunha limita­da difusión démica por parte de grupos anindoeuropeos.

3. A ÁREA MEDITERRÁNEA E IBÉRICA NO CADRO DA TEORÍA DA CONTINUIDADE

A Teoría da Continuidade Paleolítica obriga a un radical cambio da cronoloxía e do escenario dos acontecementos, e fai revisar de maneira abondo radical a modalidade da lingüística nas diversas áreas lingüísticas europeas. Queremos hoxe deternos sobre algunhas consecuencias que a Teoría da Continuidade ten para a historia lingüística e cultural da Galiza.

No ámbito da Teoría da Continuidade, o cadro lingüístico do Mediterráneo central e occidental teríase xa formado a fins do Paleolítico e durante todo o Mesolítico. E isto por

que Europa xa moito antes do Mesolítico, é dicir, xa moito antes de circa o X milenio a. C., amosa un alto grao de diferenciación cultural, que debe necesariamente reflectir tamén un alto grao de diferenciación lingüística. Se collemos por exemplo a área mediterránea, vemos que xa a fins do Paleolítico, en circa o XIV milenio a. C., está caracterizada pola cultura chamada Epigravettiano, da que despois se desenvolveron, por evolución interna, as culturas mesolíticas chamadas Sauveterriano e Castelnoviano. Faise por tanto necesario asumir que o grupo lingüístico que se podería chamar ibero-dalmático, ou quizáis iberoccitálide (de Ibérico, Occitano e Itálide), estivese xa diferenciado dos outros grupos lingüísticos a fins do Paleolítico. Na teoría de Renfrew, en cambio, estas culturas serían de tipo preindoeuropeo. Se pasamos ao Neolítico, isto é, ao VII milenio a. C., constatamos que na área mediterránea a primeira cultura neolítica é a da Cerámica Impresa/Cardial. Agora, no cadro da Teoría da Continuidade, esta cultura sería un desenvolvemento interno das precedentes, mesolíticas e paleolíticas, cunha modesta contribución inmigratoria. No cadro da teoría de Renfrew, en cambio, o aboiar desta cultura sinalaría a chegada dos indoeuropeos aínda indiferenciados, e a súa transformación nun grupo ulterior por efecto do sustrato preindoeuropeo sobre os recén chegados. A consecuencia, para a lingüística románica, é en calquera caso turbadora: mesmo aceptando a visión de Renfrew deberemos datar os devanceiros dos Latinos polo menos no VII milenio a. C., mellor que no III, cunha diferenza de IV milenios, e coas enormes implicacións que isto leva consigo.

Pero vaiamos á área ibérica. Este territorio é de todos o que máis desmente a teoría de Renfrew: se de feito a súa teoría postula unha ecuación segundo a cal neolitización = indoeuropeización, cómpre en cambio constatar que, na antiga Hispania, a parte máis neolitizada é mesmo a menos indoeuropea (como sinalou recentemente Hernando 1999). Efectivamente, á parte do feito de que resulta pouco críbel a idea de que agricultores Celtas provenientes do Sur da Francia (isto é, da zona onde é documentada máis atigamente a agricultura no occidente europeo) se dirixisen cara ao interior (onde a aparición da agricultura é recente) en vez da zona mediterránea, cómpre constatar que a civilización máis «agriculturizada» da Península (isto é, seguindo a Renfrew, a máis neolitizada e por tanto indoeropeizada) é a dos Iberos, é dicir unha civilización non indoeuropea!

Pero deixemos estar Renfrew, e voltemos á Teoría da Continuidade. O que sabíamos do Paleolítico no noroeste da Península non é moito, pero os poucos datos que posuímos amósanse xa interesantes para o noso discurso. En primeiro lugar, procuramos visualizar, na medida do posíbel, a situación ambiental desta época: sabemos todos que durante a última glaciación, encetada hai 70.000 anos, e entrada na súa cúspide circa hai 25.000 anos, eran precisamente as rexións meridionais da Europa as únicas zonas habitábeis, probabelmente por algunhas decenas de milleiros de sapiens sapiens, os únicos homínidos que ficaran sobrevivindo sobre a terra. Durante o período glacial as Illas británicas, cubertas polo xeo, estaban «pegadas» ao actual continente, o Adriático case non existía, e África e Europa estaban unidas non só perto do actual Xibraltar, senón tamén por onde se acha actualmente Sicilia. A partir de hai 13.000 anos, co aumento da temperatura, os glaciares comezaron a retirarse, coa consecuente abundancia de ríos, unha subida do nivel do mar e un aumento da superficie ocupada polas augas.

4 A GALIZA DESDE O PALEOLÍTICO AO MESOLÍTICO E A INTERPRETACIÓN NA ÓPTICA DA PCT. QUE SABEMOS DO POBOAMENTO DA GALIZA NESTA ÉPOCA?

Os achados paleolíticos galegos «clásicos» son os de Vilaselán e as espenuncas de Valiña no Norte, os de Piteira, Chaira e Pazos no centro e os de Budiño, Tortoreos e Portavedra no suroeste. Segundo o recente estudo sobre estes achados de Rosa Villar Quinteiro e de César Llana Rodríguez (Villar Quinteiro, Llana Rodríguez 2001), estes xacementos permiten estabelecer a existencia en Galiza dun poboamento antigo, que remontaría a un Paleolítico Inferior. Trátase de sitios situados sobre terrazas, frecuentemente perto das vías de comunicación entre a costa e o interior: a súa localización amosa unha relación evidente coa necesidade de disfrutar das materias primas, e tamén unha función de control do territorio, estreitamente ligada á civilización dos cazadores paleolíticos.

O que interesa ao noso discurso, avaliando a prehistoria da Galiza dentro da ibérica en xeral, é a evidencia (investigada por Zilhão e d'Errico 1999, 2000) dunha neta demarcación de áreas entre o norte e o sur, coa forte presenza, aínda que tardía, de Neanderthais ao sur do río Ebro e de Homo Sapiens ao norte. Afondando nesta tese e proxectándoa en escala cronolóxica máis recente, Vega (1988, 1990, 1999) fala de fronteiras dinámicas e en movemento, co avantar gradual de Homo sapiens sapiens desde a zona cantábrica cara á costa mediterránea. Este dato é moi relevante: sobre un plano vectorial, isto identifica de feito unha dirección norte→sudeste da civilización sapiens sapiens na Península Ibérica. A este dato pódese engadir que, seguindo as conclusións de estudosos como Raposo (1993), que analizou os xacementos da zona occidental da provincia de Lugo, hai neles evidentes indicios dunha continuidade cultural entre a cultura do Paleolítico Superior e a do mesolítico na área ibérica noroccidental, mentres faltan totalmente trazas de invasións relativas ao período Tardiglacial, por tanto relativo a 10000-5000 anos a. C. E aínda máis: José María Bello fala até dunha evidente continuidade topolóxica da industria paleolítica dos cantos tallados até os xacementos de época romana: «a posibilidade da existencia dunha continuidade das industrias de cantos tallados durante todo o Paleolítico, prolongándose alen deste polas idades do Bronce e do ferro ata ben entrada a época romana, tal como evidencian o xacemento do Bronce Final de Portecelo, o castrexo de A Forca e o galaicoromano de Santa Tegra» (Bello - De la Peña 1995: 78).

Xa que para a Teoría da Continuidade houbo un desprazamento dos pescadores mesolíticos desde as costas cantábricas até a Galiza e Portugal, nun período no que, desde un punto de vista xeográfico, tamén a Irlanda e a Gran Bretaña estaban aínda unidas ao continente, e que esta civilización de pescadores coincide, nesta visión, coa proto-céltica, o cadro deseñado por estes recentes estudos arqueolóxicos e paletnolóxicos, que determina una substan­cial continuidade entre a civilización do Paleolítico superior e a do Mesolítico no noroeste de España. Coincide coa idea —só aparentemente atrevida— dunha celtización da Galiza xa levada a a cabo na época do Mesolítico. Isto debeu acaecer case en concomitancia co aboiar, na parte meridional da península, da unidade etnolingüística que chamaramos iberoccitálide. Isto é, a Galiza debeu representar unha área orixinariamente céltica, mentres os territorios do Celtibérico tería representado unha serodia variante «colonial» do céltico, é dicir, unha variante inmigrados cara ao centro e o sur da actual España na prehistoria máis recente.

5. A CELTICIDADE ATLÁNTICA DA GALIZA

Esta visión introduce o problema, debatido desde sempre (coas coñecidas e enconadas oposicións entre celtoescépticos e celtomaníacos: Cfr. Santana 2002), da celticidade da Caliza, e dálle unha resposta positiva: de feito, non só os territorios da actual Galiza foron poboados por poboacións célticas, senón que ademáis estas formaban parte, xa no Paleolítico, xunto coas actuais illas británicas (nesa época aínda non eran illas) e cos territorios do Occidente atlántico francés, da patria orixinaria do protocéltico. Esta unidade cultural atlántica resulta evidente cando menos por cinco factores: un de tipo xenético; un de tipo lendario; un de tipo arqueolóxico-cultural; un de tipo mitolóxico-relixioso; o quinto factor —que é o máis importante— vén representado polo fenómeno do megalitismo.

  1. Factor xenético: en primeiro lugar está demostrado por estudos recentes que o compoñente xenético da poboación occidental das actuais Illas Británicas é a mesma cá do noroeste da Península Ibérica: o mapa do DNA elaborado mesmo nestes días pola equipa oxfordiana de Bryan Sykes non deixa máis dúbidas ao respecto (Sykes 2006).

  2. Factor lendario: As lendas, atestadas en época irlandesa antiga, relativas á procedencia orixinaria dos pobos irlandeses da Península Ibérica poden ser interpretadas, á vez que como atestacións dunha auténtica colonización (relativamente á cal non existe nin a máis mínima pegada arqueolóxica), como pegadas dunha común identidade cultural e lingüística, precedente á separación da actual illa irlandesa do continente: por tanto, non desprazamentos-migracións dos homes, senón desprazamento tectónico dos territorios que provocou a súa separación.

  3. Factores arqueolóxico-culturais: existe unha evidencia irrebatíbel relativa a unha homoxeneidade irlandesa-británica-nordhispánica de tipo arqueolóxico-cultural: se se enxerga a distribución dos particulares achados arqueolóxicos en Europa, descúbrese que algúns deles pertencen exclusivamente a este territorio, antigamente cohesionado, que comprende a Galiza, a España do Nordeste, a Bretaña, a Irlanda, Gales e a Escocia: en particular, isto é enxergábel na distribución xeográfica de achados coma os torques de ouro e os caldeiróns. No que atinxe aos primeiros, adiáronse na Galiza ben uns 150, e o 90% deles atopáronse preto das costas (Cfr. Monteagudo 1952; Prieto Molina 1996; Fernández Carballo 2001). Trátase de obxectos de ouro, coma todos os semellantes da Irlanda, da Bretaña e de Gales (e en contraste coas manufacturas de prata da área mediterránea) (Queiroga 1987, Castro Pérez 1992).

Polo que atinxe aos caldeiróns de bronce, son obxectos típicos, en particular, da Irlanda occidental; a peculiaridade dos galegos é que as súas decoracións son practicamente idénticas ás dos caldeiróns atopados no Finisterre bretón (Almeida 1980). Barry Cunliffe fala explícitamente, a propósito dos torques e dos caldeiróns galegos, dunha «unidade cultural atlántica» (Cunliffe 2001). E logo, sobre un plano arquitectónico, á mesma área homoxénea pertencen estruturas defensivas como os chevaux-de-frise, pedras defensivas chantadas diante dos muros dunha fortificación (pero que tamén están presentes na Xermania), ou 'monumentos' como as estatuas menhir: estes últimos están significativamente presentes na Galiza en todas as tres expresións coas que son coñecidos na zona atlántica, e isto é non só estatuas de guerreiros (como tamén se atopan en área occitánica e tirrena), senón tamén estatuas de divindades masculinas sentadas, e estatuas de divindades femininas: pénsese nas de Logrosa e Carabeles (A Coruña), da Limia e de Pedrafita (Ourense e Lugo); esta pluralidade de expresións, especialmente se se confronta coa atestación fragmentaria do fenómeno noutras áreas nas que aparece, indica evidentemente unha procedencia orixinaria da área en cuestión.

5.4. Factor mitolóxico-relixioso: no resumo do historiador latino Floro sobre a invasión romana da Gallaecia, lemos que os soldados de Bruto, ao pasaren o río Limia, foron colli­dos polo pánico ao ollaren o sol que se reflectía alí no solpor, causando ademáis un aumen­to das augas. Esta pasaxe pode ser posta en correlación co informe de Estrabón relativo a un misterioso promontorio que era lugar de culto entre unha poboación céltica do sudoeste da Península Ibérica, por tanto sempre na costa atlántica: catro grandes pedras estaban orientadas cara ao sol no solpor e bañadas coas augas do mar, causando unha crecida das mesmas augas e facendo do lugar un espazo sagrado inaccesíbel (García Quiniela 1997). Este mesmo lugar (Cabo San Vicente) é descrito polo historiador medieval árabe Idrisi como «a igrexa dos corvos», porque a presenza dos misteriosos corvos teríao preserva­do de eventuais invasións. Trátase dunha lenda idéntica á narrada no mabinogi gales de Branwen, onde a cabeza do deus Bran (o corvo) protexe Gales de eventuais invasións, e reflectida tamén na historia de Brennos, o caudillo que saqueou o santuario de Delfos no 297 a. C., e dos seus restos postos diante do mar —no informe de Pausanias— que protexeron os Volcos Tectosagos de Tolosa das incursións romanas (Benozzo 2006a, 2006c).1

Sempre no ámbito das referencias mitolóxico-relixiosas, cómpre contar os «santuarios solares» (ou mellor «solsticiais») dos que se tiraron á luz recentemente restos preto de altu­ras que enxergan o océano (Cfr. García Quíntela et al. 2003, García Quintela, Santos Estévez 2006). Trátase dos santuarios de Corme, Pedrafita, Fentáns en Campolameiro, e o Raposo. Nestas construcións preséntanse furados na roca a través dos que (como demostrou recentemente González-Ruibal), no solpor nos días do 1 de agosto e do 1 de novembro (isto é nas dúas máis coñecidas festividades do calendario céltico: Lugnasad e Samhain) raiolas de luz van iluminar un punto interno do «santuario» onde tivo que erguerse unha tumba.

¹Noutra redacción anterior desta mesma conferencia, ademáis doutros parágrafos de tipo literario que servían de marco ao corpo da conferencia, os autores ofrecían o texto que copiamos e que, como os de tipo literario foi suprimido: «Pódese engadir a este respecto que na bisbarra de Pontevedra, durante as excavacións de 2003, foi atopada unha das máis importantes inscricións votivas, a dedicada ao Deus Larius Breus Brus Sanctus; non semella haber dúbidas sobre a identificación desta divindade cunha figura conectada á figura mitolóxica de Brennos/Bran, o deus-corvo da mitoloxía céltica (a caída de -n- é unha tendencia arcaica ben documentada tamén pola toponomástica da Galiza: pénsese nos casos de Tena > Tea, Taranes > Taraes, *Abellanetum > Abelaído, Tardenatus > Tardeado, Tredones > Triós: Cfr. Bascuas 2006: 366). Trátase dunha divindade da que o culto amosa conexións con crenzas das poboacións circumpolares, e que debe remontar —como argumentamos nun recente libro (Benozzo 2007)—, a un período certamente anterior ao Mesolítico».

A analoxía co santuario «atlántico» irlandés de Newgrange é aquí verdadeiramente impresionante. O estudo detallado de González-Ruibal é iluminante: o seu único defecto é o de datar un rito solar deste tipo nos primeiros séculos a. C: un defecto xustificado pola falla dun cadro de referencia de longa duración, dado que para a teoría tradicional os Celtas —se é que chegaron á Galiza— chegarían só moi tardiamente, case ao tempo da última romanización, logo de teren atravesado toda Europa, na que se atopaban xa desde circa 700 anos. Na interpretación da Teoría da Continuidade, pola contra, tamén os «santuarios solsticiais» en cuestión achan unha máis críbel colocación nun horizonte cando menos tardomesolítico. Efectivamente, difícilmente se pode pensar que fenómenos complexos como os de Newgrange en Irlanda (datado no 2475 a. C.) ou estes santuarios galegos nacesen por vía polixenética; é máis verosímil afirmar que deberían pertencer a unha civilización cohe­sionada, isto é, precedente á separación das illas do continente.

5.5. Megalitismo

5.5.1.Coas estatuas-menhir e sobre todo cos «santuarios solsticiais» estamos esvarando para preto dun argumento crucial para o noso discurso: o do megalitismo galego no contex­to do megalitismo europeo. Os megalitos galegos (os coñecidos até agora son máis de 5.000) representan, despois dos da Bretaña, os máis antigos exemplos destas sepulturas colectivas monumentais. A importancia dos megalitos para a prehistoria europea é enorme, e aínda cobrou moita máis importancia cando a revolución do radiocarbono demostrou que estas construcións europeas son notabelmente máis antigas ca as orientais exipcias e gregas, e que cómpre consideralas como unha expresión europea orixinaria, non importada. A área de distribución dos megalitos europeos é preponderantemente marítima e coa excep­ción do Sur da Italia, onde tamén están presentes, poderíanse definir como unha expresión da cultura atlántica. A área compacta e os caracteres unitarios do megalitismo non permiten dar a isto unha explicación en clave polixénica; é por tanto lexítimo e sensato admitir un foco de orixe, cunha ou máis áreas de reelaboración. Na óptica da Teoría da Continuidade, a provincia megalítica está correlacionada coa área céltica dun xeito absolutamente ele­ mental: abonda de feito observar que a Irlanda, enteiramente céltica, é toda megalítica (con monumentos datados no 3700 a. C.); que na Gran Bretaña as áreas de máxima densidade megalítica son as célticas de Gales, de Cornualla e de Escocia (tamén aquí os megalitos máis antigos son do IV milenio), e que en Francia como xa dixemos, están presentes os pri­ meiros megalitos europeos, e están presentes na súa parte máis céltica, o que quere dicir a Bretaña, onde remontan á primeira metade do V milenio, isto é a unha época aínda mesolítica, é por tanto unha consecuencia lóxica pensar que a área céltica estivese no foco, e as outras (como o Sur da Italia) sexan áreas de difusión secundaria. Desta área céltica orixinana, como comezaramos a ver, debería formar parte tamén a Galiza, onde de feito están presentes os máis antigos megalitos europeos despois dos bretóns (están de feito datados entre o V e o IV milenio) (Fábregas 1988, 1991).

5.5.2. Ademais, como demostración da primordialidade do fenómeno na área galega, xa falaramos de que aquí están presentes (e copresentes) todas as tres tipoloxías megalíticas europeas:

  1. a dos Dolmens (pénsese no territorio de A Coruña nos dolmens de Pedra Moura de Aldemunde, de Axeitos, Pedra de Arca, de Pedra Vixía, de Arca de Piosa, de Casiña da Moura, de Casa dos Mouros, de Casota de Berdoias, de Cova da Moura; no territorio de Lugo nos dolmens de Roza das Modias, de Santa Marina, de Mollafariña. de Chao de Mazós, de Abuime, de Moruxosa; no territorio de Ourense nos de Outeiro de Calade, de Mota Grande, de Casola do Foxo; e aquí, no territorio de Pontevedra, nos de Mámoa do Rei en Vilaboa, de Chan de Castiñeiras, de Chan de Armada, de Chan de Arquiña, de O Meixoeiro);

  2. a dos Menhires (en particular o menhir de Cristal de Ribeira no territorio de A Coru­ña, o de Pedra Chantada en Vilalba (no territorio de Lugo), o de Pedra Alta, e o famosísimo, de Lapa de Gargantáns, no concello de Morana, no territorio de Ponte­vedra);

  3. ademais de dolmens e menhires preséntanse tamén círculos de pedra, sinaladamente o de O Freixo (no territorio de A Coruña) e o do Prao das Chantas (no concello de O Valadouro, no territorio de Lugo), cos seus ben 101 metros de diámetro segundo o eixo este-oeste.

Outro sinal de orixinariedade galega do fenómeno megalítico consiste no feito, notabelmente anómalo con referencia a estes monumentos, de que algúns deles foron ergueitos sobre megalitos precedentes, é o caso do dolmen de Dombate, no concello de Cabana de Bergantiños (territorio de A Coruña), quizais o máis coñecido da Galiza (tamén pola referencia a el contida nunha famosa poesía de Eduardo Pondal, escrita en plena época do Rexurdimento da cultura galega). Polas excavacións dos primeiros anos 90 de José María Bello evidenciouse precisamente, ademais da presenza —tamén ela significativa— de decoracións pictóricas, a existencia dun dolmen precedente sobre o que tivo que ser ergueito (Bello 1992-1993). Fenómenos deste tipo, obviamente, son arqueoloxicamente interpretábeis como sinais dunha continuidade de longa duración (Bello, De la Peña 1995).

5.53. Débese en fin sinalar que, como sucede para case todas as áreas megalíticas (comprendidas tamén as non célticas de megalitismo máis recente: Cfr. Alinei 19962000. vol. 2:479-481), tamén en Galiza os megalitos teñen nomes dialectais de tipo máxico-relixioso, e que a microtoponomástica dialectal dos sitios nos que se achan lígase a lendas de extraordinario valor para a tese da continuidade do megalitismo até a época histórica. Das numerosas lendas e dos nomes (pedra dos mouros, casa dos mouros, pedra da moura), por exemplo, evidénciase que, segundo a crenza popular, os que construíron os complexos megahticos foron xigantes, chamados mouras (en feminino) e mouros (no masculino) (Alonso Romero 1998, cit. in Lema Suárez 2006: 11), termos ligados á raíz céltica *MRVOS que significa tanto 'morto' como 'ser sobrenatural' (Benozzo no prelo c). Tamén o nome mámoa, o máis común en galego para designar os dolmens, amosa un interesante desenvolvemento semántico: sen dúbida, de feito, continúa o latín MÁMMULAM, é dicir, '(pequena) tetiña', e este aspecto etimolóxico —perceptibelmente ligado ao aspecto que antigamente deberon de ter os túmulos que cubrían en moitos casos os dolmens— está evidentemente conectado ás lendas segundo as que os megalitos están postos nos lugares nos que as mouras, epifanía mitolóxica da terra mesma, aleitaban os propios fillos. Isto é, a

lenda oral, así como o topónimo dialectal, representan unha preciosa e vital atestación da función máxico-relixiosa dos complexos megalíticos: o nome dos megalitos, e as lendas a eles asociadas, deben de feito referirse a un período no que tamén o aspecto dos megalitos era diferente do actual (os que quedan hoxe son, por así dicir, só os 'esqueletos' dos complexos megalíticos orixinarios). Sobre un plano de cronoloxía prehistórica, pódese logo subliñar que mentres a imaxe do 'morto' e do 'ser sobrenatural' encerrada na etimoloxía céltica de mouro / moura semella restituir mellor o significado orixinal e auténtico do megalito, que a latina 'tetina' que, aínda que significativa en canto sincrónica coa paisaxe megalítica antiga, semella atinxir a ideoloxías máis típicamente neolíticas (como, precisa­mente, a da 'nai térra').

Para a Teoría da Continuidade foron os pescadores paleolíticos e mesolíticos célticos da área atlántica central os que construíron estes antigos monumentos na área galego-bretona-céltica insular. A tese de Gordon Childe, segundo a que os que el chamaba os «misoneiros megalíticos» terían difundido este fenómeno de Oriente cara a Occidente, debe ser pois revirada na súa dirección: o vector de desprazamento vai, tamén neste caso, de occidente cara a oriente.

6. OUTROS INDICIOS DUNHA CELTICIDADE DA ÁREA GALEGA

No cadro da Teoría da Continuidade, o megalitismo céltico da Galiza tardo-mesolítica déixase logo 1er como o reflexo dunha celticidade anterior, xa paleolítica. Isto convértese nun elemento decisivo para soster a tese dunha protocelticidade da Galiza.

  1. Testemuños dos autores clásicos. Alén das evidentes pegadas dunha cultura atlántica orixinaria, da que falaramos anteriormente, a celticidade da Galiza é demostrábel tamén a través dos testemuños dos escritores clásicos e das inscricións (Balboa Salgado 1996). Algunhas tribus son expresamente citadas polos escritores latinos e gregos como de lingua céltica: trátase —de Norte a Sur— dos ártabros, dos Nerios, dos Supertamáricos, dos Praes-temarcos, todos non por casualidade asentados na zona costeira.

  2. Toponomástica. Se logo pasamos a un rápido repaso da toponomástica, decatámonos da presenza de numerosos topónimos de clara orixe céltica. Pensemos en nomes atestados por Ptolomeo como 1) Nouiom, que xa Holder conectaba directamente a un céltico *nowios 'novo', 2) Olina, reconducíbel a unha raíz *olĪnā 'reviravolta' (de onde irlandés uilen, galés elin, córnico elin, bretón elin) atestada en hidrónimos de orixe gala como Oli-nas (Orne-Saosnoise) ou Olina (Apeninos alto-italianos), 3) Ocelon, dun céltico *ocelo ‘outeiro’, raíz ben atestada tamén en topónimos galeses, irlandeses e bretóns, 4) Lambris, un hidrónimo que atesta esplendidamente (como outros topónimos en -bris desta área) a presenza dun nominativo céltico -briks, interesante en canto que seguramente é máis antigo que as numerosas formas -briga, 5) Caladunos (un dos pouco frecuentes topónimos célticos en -dunum da área ibérica), do que a primeira parte semella estar en relación co mesmo nome da Galiza, 6) Compleutica / Comploutica, orixinariamente un hidrónimo. da

raíz céltica *ploutos 'veloz' (de onde o irlandés antigo lúath 'veloz'); 7) o famoso Brigántion adoito identificado con A Coruña, cunha celticidade evidente, e que debe ser posto en relación cos ben coñecidos dezaoito topónimos en -briga, desde sempre investigados no ámbito da toponomástica paleohispánica (e sobre os que se verá agora actualización de Bascuas, no prelo).

6.3. Cabezas cortadas. Ademáis destes datos lingüísticos, voltando por un intre á arqueoloxía. un ulterior indicio de celticidade que non pode ser posto en discusión está representa­do por esculturas que representan cabezas cortadas, totalmente idénticas ás tetes coupées da área insular e centro-europea; entre outras moitas, abonda aquí lembrar as de Chaves, de Armeá (Ourense), Cortes, Narla e Barán (Lugo), San Cibrán de Las (Lansbrica, Ourense), Gaxate. Ocastro, Moreira Nova, Remesar (Pontevedra), A Grana (A Coruña) (Cfr. Aparicio Casado, Almagro-Gorbea, Lorrio 1990, González-Ruibal 2003).

7. A ÁREA GALEGA COMO ÁREA PROTOCÉLTICA: TEÓNIMOS, TOPÓNIMOS, FONÉTICA HISTÓRICA, SINTAXE

7.1. Teónimos lusitanos galaicos. Un discurso á parte merecen os teónimos célticos estudados recentemente por Olivares Pedreño (2005), entre eles as divindades masculinas Bandua, Arentius, Quangeius, Reue. Crouga, Lugus, Aernus, Cosus Cohue e as divindades femininas Nabia, Trebaruna, Munidis, Arentia, Erbina, Toga, Laneana. Ataecina, e Lacipaea. Significativamente, o estudoso nota que a máis alta porcentualidade de divindades célticas da península ibérica (circa 1'80%) pertence á Galiza e que a área lusitana-galaica é a única de toda Hispania na que se pode individualizar unha real cohesión, un auténtico panteón orixinario, no que as divindades semellan en primeiro lugar representar funcións complementarias entre si, e identifican en segundo lugar grupos étnicos tribais ben individualizábeis (Almeida 1975, Encarnação 1987). Este feito consente unha soa interpretación: as divindades da área galaico-lusitana non viñeron importadas e foron logo asumidas polas poboacións locais: elas eran orixinariamente veneradas nestes lugares, tanto como para presentaren, no comezo, etnónimos tanto como teónimos (Albertos Firmat 1974, 1985).

Voltemos agora a algunhas importantes consideracións lingüísticas (para este tipo de análise, baseámonos aquí tamén nalgunhas importantes contribucións de Xaverio Ballester: 1998-1999,1999,2000,2001a, 2001b, 2004a, 2004b, 2004c).

7.2. Fonética

Patrizia De Bernardo Stempel (2001) recentemente individualizou unha nova tendencia fonética do céltico de Hispania: a anticipación dun /i/ prevocálico para a sílaba precedente a consecuente formación dun ditongo descendente coa vogal anterior. Segundo esta tendencia, analizada pola estudosa en referencia ao celtibérico, os grupos orixinarios do tipo /akia/ chegan sucesivamente a ser grupos do tipo /àjka/: un caso evidente é o antropónimo Ambaicus (atestado na epigrafía en xenitivo: Ambaici), que ten un correlato no galo Ambacius. Pois ben, esta tendencia fonética céltica é bastante máis produtiva en área lusitano-


galaica que non na celtibérica: en primeiro lugar, o nome mesmo da lingua da Galiza galego, que desce seguramente dun orixinario [*gallákios], debe pasar seguramente a tra vés dunha fase [*gaIlajcos]. En segundo lugar, existen numerosas inscricións lusitano-galaicas que presentan o fenómeno: pénsese en Toudopalandaigae (Cáceres) (probábel epí­teto dunha divindade), do que a segunda parte se deixa interpretar como evolución dun precedente *Palantaciae, ou aínda en Anabaraeco (Ourense), dun precedente *Anabrakio, en Paramaeco (Lugo), dun precedente *Paramakio, en Veigebreaego (Ourense), dun pre­cedente *Veigebrakio, en Soaego (Pontevedra), dun precedente *Soakio, tamén aquí con sonorización (para todos estes datos Cfr. Ballester 2001b). A lista podería continuar para longo. Esta protocelticidade fonética da área Galaico-Lusitana reflíctese significativamen­te, sobre un plano de continuidade, nas falas galego-portuguesas, onde atopamos o mesmo proceso de anticipación en formas como besteiro (de balistarius), vigairo (de vicarius), importainça (xunto a importancia).

Tamén a sonorización das consoantes xordas intervocálicas (notoriamente un fenómeno céltico), que apenas enxergaramos nalgunhas inscricións, e que está de feito mellor documentada nas inscricións galaico-lusitanas que non nas celtibéricas, pode ser considerado como un fenómeno propio e orixinario da área en cuestión: pénsese nas formas que presentan unha consoante sonorizada /g/ nos casos nos que o celtibérico presenta /k/, como por exemplo Aegiamunniaego (Ourense), Combiciego (Ourense), Daviniago (Lugo), Oenaego (Lugo) Magareaigoi (Castelo Branco), Soaego (Pontevedra): tamén aquí, pódese poñer en correlación, sobre un plano de continuidade, este fenómeno coa propensión á palatalización e á lenición, fenómenos notoriamente máis activos nos actuais falares galego-portugueses que nos peninsulares do centro.

Hai un derradeiro dato fonético que afonda na protocelticidade, isto é na celticidade orixinaria e remota, da área ibérica noroccidental. Trátase dun fenómeno que, na visión tradicional, serve pola contra para excluir a Galiza do mundo céltico: a conservación da consoan­te /p/ en posición inicial e prevocálica. Referirémonos a exemplos coñecidos, como as formas Parami (que aparece nunha ara votiva dedicada a Diana e está reflectida nos actuáis topónimos Páramo e Paramillo), Parameco, Porgom Conboutum, Pembelorum, Penti, Pentilia, Pisoraca, Porgum, Praisom, Trepobala. Como é sabido, este fonema, presente no céltico considerado «común», desaparece en todas as linguas históricas. A súa presenza no Galaico (e no Lusitano) élle abondo á teoría tradicional para falar da non celticidade da Galiza; como sostivo recentemente Xaverio Ballester (2004c), o problema é neste caso a ubicación xeográfica: se unha lingua falada nun territorio considerado orixinariamente céltico pola teoría tradicional, un territorio calquera de centro Europa amosase unha presenza de /p/ prevocálica, este trazo conservador debería ser interpretado sen problemas como un resto in situ da celticidade orixinaria do fenómeno, anterior á súa desaparición. Xa que para a teoría tradicional os Celtas chegaron de Oriente e arribaron só moi serodiamente a Híspania, é fácil concluir que a presenza de /p/ debeu de pertencer a un sistema lingüístico dife­rente. En cambio, na visión da Teoría da Continuidade, segundo a que os indoeuropeos (e os Celtas) estaban xa na Hispania do noroeste desde a época tardo-paleolítica, o /p/ prevocalico —tendo en conta que non pode ser posta en discusión a súa efectiva presenza no indoeuropeo, e que a propósito das linguas célticas fálase, e non por casualidade, dunha caída posterior— non é máis que un residuo arcaico do céltico falado orixinariamente nes-

tes territorios (Cfr. tamén Untermann 1981. 1985, 1985-1986, e Navaza 2006: 200 que fala de «celtismo arcaizante»). Tamén en termos de estrita verosimilitude, é máis sensato pensar que foi a seguir da expansión dos grupos célticos cara ao leste, e precisamente co contacto coa tala aquitana e coa ibérica, linguas para as que, polo demais, é documentábel unha forte tendencia á aspiración, cando o /p/ desapareceu.

7.3. Morfosintaxe2

Aínda un dato da lingua actual, esta volta de tipo morfosintáctico: a distinción típica e exclusiva do galego e do portugués, entre o infinitivo impersoal e o infinitivo persoal (ou flexionado). este último conxugado como unha forma verbal calquera (Togeby 1955, Rapo­so 1987, Wirebeck 1994).

Este fenómeno, presente tamén en área fino-ugria, entre as linguas indoeuropeas é común só á área céltica britónica (por exemplo ev a ow clewes 'cómpre escoltar', pero ev a ow vlewesyons 'cómpre que escoiten [eles]' [literalmente 'cómpre escoitar-en', ev a ow leverelyn 'cómpre que escoite-mos' [literalmente 'compre escoitarmos]'). En área románica o infinitivo persoal flexionado está atestado só na área galega e portuguesa (coa excepción dalgúns dialectos da Italia meridional nos que, non obstante, é un fenómeno recente que responde a particulares esixencias sintácticas) (Cfr. Lopicaro, 1986), e pódese interpretar como un arcaísmo céltico mantido pola área galaico-lusitana, onde debería representar un fenómeno orixinario.

7.4. Léxico

No ámbito lexical, en referencia á primacía céltica na construción dos carros prehistóri­cos e protohistóricos, debe ser mencionada a difusión do nome céltico da 'camba': *camba *cambita (de *cambo-'curvo', Cfr. irl. camm, gales e corn. cam, bret. kamm). mentres o derivado en -ita semella ter unha difusión secundaria cara ao oriente: a territorio ibérico (esp. llanta), Francia (fr. jante e variantes) e Italia meridional (apulense janda), a variante simple é limitada á área costeira e contigua: galego, portugués, asturiano, leonés camba.

Tamén o termo galego trollo / trullo «rastrelo para as brasas do forno' (Rivas Quintas 2000: 176-177) non atestado en área ibérica e románica senón na conservadora área noritaliana de tipo emiliano-occidental (que presenta a forma tròl) (Benozzo 2006e; 123) está evidentemente ligado ás formas célticas do tipo bretón troellen, córnico trolh e galés troel (GPC: 3602-3603). O termo en cuestión é referíbel ao léxico da panificación e, máis en xeral, dos procedementos de varios tipos ligados ao fogo, e a súa introdución debe por tanto remontarse cando menos ao Calcolítico (época na que os Celtas introduciron a maio parte das técnicas metalúrxicas en Europa), ou probabelmente a un antecedente neolítico. época na que se desenvolveron as técnicas de elaboración e cocemento do pan. A súa presenza no galego déixase por tanto ler como un derradeiro exemplo do conservadorismo da área galega. Pólo que respecta á alta Italia, o termo tròll é á súa vez atestado nunha área dialectal que en termos arqueolóxicos, é identificábel coa cultura Palafitícola-Terramarícola

² Este parágrafo está engadido na nova redacción da conferencia (maio 2007)

de tipo celtoxermánico (Lombardía oriental, zona benacense, Chaira padana centro-occidental), que o río Panaro separaba da Apenínica (da que se formou posteriormente a Proto-villanoviana e Villanoviana) (Alinei 1997, Benozzo 2006f).

7.5. Trazas de chamanismo arcaico

Non é quizáis o caso, nesta sede, de se deter noutro aspecto da substancial continuidade cultural europea do paleolítico até hoxe, un aspecto que temos analizado nun libro no prelo relativo aos reflexos do canto chamánico arcaico presentes nos textos dos trobadores galego-portugueses: limitémonos polo de agora a dicir que nun horizonte de referencias com­plexo e articulado será o caso de incluir tamén este tipo de referencias xunto as ofrecidas pola lingüística, pola arqueoloxía, pola xenética, polo folclore e pola relixión, xa que as literaturas románicas desde as orixes ofrecen trazas evidentes e insospeitadas de estratos paleo-e mesolíticos (Cfr. Benozzo 2006b, 2007, no prelo, sobre os datos de Costa 1998, 2000, 2001, 2004, 2006).

8. CONCLUSIÓNS

Intentemos resumir unhas conclusións. Segundo a teoría tradicional (a dos manuais de filoloxía románica) o galego é unha fala formada a seguir da romanización, isto é despois da definitiva conquista por parte de Augusto entre o 29 e o 19 a. C. e diferenciada das outras por razóns de diverso sustrato (que segundo os diversos estudosos parece precéltico, paracéltico, ligur, ilírico, preindoeuropeo, indoeuropeo), de diverso superestrato (xermánico), pero non por razóns sociolingüísticas. En substancia, unha lingua formada e crecida no arco dos poucos séculos do primeiro milenio despois do nacemento de Cristo. Os elemen­tos que levaron a esta visión tradicional son esencialemnte dous: 1) a teoría tradicional sobre as orixes indoeuropeas, da que é filla e consecuencia; 2) un respecto fetichístico pola considerada «primeira atestación» (dun texto, dunha crenza, dunha concepción), que continúa a ser considerada un simples terminas a quo, mentres que —facendo provisión das adquisicións teóricas reunidas pola dialectoloxía e pola antropoloxía— debe ser considera­da non a proba do primeiro aboiar dun fenómeno, senón, máis ben, a preciosa proba da vitalidade de tradicións precedentes, a pegada da existencia dun fenómeno, e isto é, sen máis, un auténtico terminas ante quem.

Segundo a Teoría da Continuidade a Galiza pertence a unha área lingüística de instalación protocéltica, como demostra ante todo a presenza do megalitismo céltico-atlántico, que. remontando a unha época apenas posterior ao Mesolítico, é o máis antigo de Europa despois do bretón. Todos os indicios argüidos (toponomásticos, fonéticos, arqueolóxico, relixiosos, xenéticos) describen, sobre a base dunha indubidábel cumulative evidence, unha celticidade orixinaria da área lusitana-galaica, ben máis antiga que a do celtibérico, e probabelmente máis arcaica que a atestada polo gálico da Francia actual. Este dato non é explicábel de ningunha maneira no cadro tradicional. A única maneira para explicar as conexións celto-atlánticas orixinarias da área galega é a de identificar esta área como unha propagación sur-occidental da patria orixinaria dos pobos de lingua céltica, e de retrodatar

a presenza céltica a unha época cando menos mesolíticá; Débese engadir que se o que fixo que os Celtas chegasen a ser os primeiros dominadores de Europa foron os metáis, a Península Ibérica, e en particular a área lusitano-galaica, é o único territorio céltico euro­peo no que achamos o ouro, a prata, o estaño, o cobre, o bronce (Ballester 2001: 385). Logo, o que sabemos do Paleolítico ibérico nor-occidental, coas súas pegadas dunha evi­dente continuidade desde a industria paleolítica dos cantos tallados até os sitios neolíticos e aos xacementos de época romana, e coa total ausencia de pegadas de invasións en época mesolítica-neolítica, permite proxectar a situación apenas descrita na época do Paleolítico Superior, cando aparecen as evidencias máis evidentes dunha presenza de sapiens sapiens na faixa setentrional cantábrica-galego-Iusitana. A península ibérica meridional, na mesma época, e xa hipotizábel como área de lingua iberoccitálide (isto é a área identificada coa cultura neolítica da cerámica Impresa/Cardial, que no cadro da Teoría da Continuidade remonta ao tardo Paleolítico); debe ser pois hipotizada, na península, unha simbiose entre grupos Célticos (orixinariamente no norte atlántico e no centro) e grupos Iberoccitálides (orixinariamente no sur e no centro), cunha recíproca forte presenza iberoccitálide até o norte e céltica até o centro-sur. A área castelá cos seus dialectos (que presenta, aínda que en menor medida, trazos lingüísticos e atestacións toponomásticas de tipo céltico) sería por tanto de fondo iberoccitálide cun superestrato céltico, mentres que a galego-portuguesa sería de fondo céltico cun superestrato iberoccitálide. A última romanización, a que para a teoría tradicional tería provocado o nacemento das falas hispánicas, non fixo outra cousa que agudizar esta situación milenaria, completando a italidización das zonas nor-occidentais.

BIBLIOGRAFÍA

Albertos Firmat, M. L. (1974): «El culto a los montes entre los galaicos, astures y bero-nes y algunas de las deidades más significativas». En Estudios de Arqueología Alavesa, 6: 147-157.

(1974-1975): «Los Célticos Supertamáricos en la epigrafía». En Cuadernos de

Estudios Gallegos, 19: 313-318.

(1979): «La onomástica de la Celtiberia». En Actas del II Coloquio sobre lenguas y culturas prerromanas de la Península Ibérica. Salamanca, Universidad de Salamanca: 131-167.

(1985): «A propósito de algunas divinidades lusitanas (Arantius Ocelaecus, Arantia Ocelaeca) y el elemento ocelum». En Symbolae Ludovico Mitxelena septuagenario oblatae. Vitoria, Universidad del País Vasco, instituto de Ciencias de la Antigüedad: 469-494.

(1990): «Los topónimos en -briga en Hispania». En Veleia, 7: 131-146.

Alinei, M- (1991): «L'approccio semántico e storico-culturale: verso un nuovo orizzonte cronologico per la formazione dei dialetti». En Rivista Italiana di Dialettologia, 15: 43-

65.

(1992): «Dialectologie, anthropologie culturelle, archéologie: vers un nouvel hori-

zon chronologique pour la formacion des dialectos européens». En AA. VV., Nazioarteko dialektologia biltzarra. Agirak. Actas del Congreso International de Dialectología Euskaltzaindia (Bilbao: 21-25/10/1991), Bilbao, Bonaparte: 577-606.

(1996): «L'etude historique des êtres imaginaires des Alpes dans le cadre de la

theorie de la continuité». En AA. VV., Actes de la Conférence Armuelle sur i 'activité scien-tifique du Centre d'études Francoprovençales. Les êtres imaginaires dans les récits des Alpes, Aosta: 103-110.

(1996-2000): Origini delle litigue d'Europa, vol. I, La teoría della continuitá, vol.

II, Continuad dal Mesolitico all'età del Ferro nelle principali aree etnolinguistiche). Bologna, il Mulino.

(1997): «La teoría della continuitá ed alcuni esempi di lunga durata nel lessico

dialettale neolatino». En Rivista Italiana di Dialettologia, 21: 73-96.

(2000): «An Alternative Model for the Origins of European Peoples and Languages:

The Continuity Theory». En Quaderni di Semántica, 42: 21-50.

(2001a): «European Dialects: A Window on the Prehistory of Europe». En lingua

eStile, 36: 219-240.

(2001b): «Confini archeologici, confini dialettali: verso una dialettologia interdis-

ciplinare». En Marcato, G. (ed.), I confini del dialetto. Atti del Convegno Sappada-Plodn-Belluno. 5-9 luglio 2000). Padova, Padova: 75-94.

(2001c): «Conseguenze delle nuove teorie indoeuropeistiche sulla dialettologia

romanza». En Estudis Románics, 23: 7-47.

(2001d): «Un modello alternativo per le origini dei popoli e delle lingue europee:

la Teoría della Continuitá», En Bocchi, B., Ceruti, M. (edd.). Le radici prime d'Europa. Milano, Bruno Mondadori: 177-208.

(2002): «Towards a Generalized Continuity Model for Uralic and Indoeuropean

Languages». En Julku, K. (ed.), The Roots of Peoples and Languages of Northern Eurasia IV, Oulu, Societas Historiae Fenno-Ugricae: 9-33.

(2003a): «The Paleolithic Continuity Theory on Indo-European Origins: An

Introduction». En Studi celtici, 2: 13-41.

(2003b): Etrusco: una forma arcaica di ungherese. Bologna, il Mulino.

(2004): «The Celtic Origin of Lat. rota and Its Implications for the Prehistory of

Europe». En Studi celtici, 3: 13-29.

(2005a): «Una risposta alla recensione di Danilo Gheno, dedicata agli etruscolo-

gi». En Quaderni di semantica, 52: 191-219.

(2005b): «Addenda etrusco-turco-ugrici». En Quaderni di Semantica, 52: 219-240.

(2006): «Unha nova visión da prehistoria lingüística de Europa» (trad. galega de G. Navaza]. En A TRABE DE OURO, 66: 199-217.

Almeida, F. (1965): «Mais divindades lusitanas do grupo Band». En Revista da Facul­tada de Letras de Lisboa, 3: 19-31.




Nenhum comentário:

Postar um comentário