Reino de Galiza

Dende o II Reino de Galiza, á expansom por parte de Portugal da nosa lingua

sexta-feira, 3 de fevereiro de 2012

20 anos de Direitos Humanos

Fago redifução deste documento

que fala do



ESTATUTO DA CRIANÇÃ E DO ADOLESCENTE:


"verión en GALEGO-xunta:

CARTEL 1

INFANCIA: VINTE ANOS DE DEREITOS

A CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO FOI APROBADA POR NACIÓNS UNIDAS EN NOVEMBRO DE 1989. COMPONSE DE 42 ARTIGOS E É O ACORDO INTERNACIONAL QUE ESTABLECE A PROTECCIÓN ESPECIAL QUE NECESITAMOS OS NENOS E AS NENAS

O FUNDAMENTAL É...

• Non Discriminación: Todos os nenos e nenas temos os mesmos dereitos e entre eles o dereito a non sermos discriminados por motivos de sexo, cor, lingua, relixión, opinión, orixe, situación social ou económica. [Artigo 2]

• Interese Superior do Menor: Cando as autoridades tomen decisións que afecten á vida dos nenos e nenas, terán en conta con carácter prioritario aquelas que lles ofrezan o máximo benestar. [Artigo 3]

• Dereito á Vida, Supervivencia e Desenvolvemento: Todos os nenos e nenas temos dereito á vida e os Estados deberán garantir a nosa supervivencia, así como o acceso a recursos que nos axuden a levar unha vida digna e a desenvolver ao máximo as nosas potencialidades a nivel físico, psicolóxico, emocional, moral e social. [Artigos 6, 23, 24, 27 e 28]

• Participación: Os nenos e nenas somos persoas e temos dereito a que as nosas opinións sexan escoitadas e tomadas en conta. [Artigos 12, 13, 14, 15, 16 e 17]

CARTEL 2

DEFINICIÓN DE MENOR

Somos menores de idade as persoas que temos menos de18 anos. Isto aínda non se recoñece por igual en todos os países do mundo. [Artigo 1]

CARTEL 3

LIBERDADE DE PENSAMENTO, CONCIENCIA E RELIXIÓN

Os nenos e nenas temos os mesmos dereitos aínda que falemos outra lingua, practiquemos outra relixión ou teñamos algún problema físico ou psíquico. [Artigo 2]

Todos os nenos e nenas temos dereitos e liberdade para pensar e ter as nosas propias crenzas, iso si respectando os dereitos e liberdades do resto das persoas. [Artigo 12]

As nenas e nenos temos dereito a expresar libremente o que pensamos e sentimos, pero respectando sempre os dereitos dos demais. [Artigo 13]

CARTEL 4

DEREITO Á VIDA, Á SUPERVIVENCIA E AO DESENVOLVEMENTO
Todos os nenos e nenas temos dereito á vida. Os Gobernos deben facer todo o posible para asegurar a nosa supervivencia e desenvolvemento. [Artigo 6]

Se temos algunha discapacidade física ou mental, temos dereito a coidados especiais que nos garantan unha vida normal. [Artigo 23]

CARTEL 5

POBREZA E DEREITOS HUMANOS

Ter unha casa digna, poder ir ao médico cando o necesitamos así como asistir ao colexio sen correr perigo son tamén dereitos humanos. [Artigos 24, 28]

Ter un nivel de vida digno é responsabilidade primordial da nosa familia, que será axudada polo Goberno en caso de necesitalo. [Artigo 27]

CARTEL 6

NON SE SOMETERÁ A NINGÚN NENO OU NENA A TORTURAS

Ás nenas e nenos non se nos pode someter a torturas nin malos tratos. Débesenos protexer deles mesmo se proveñen do noso pai, nai ou responsable legal. Tampouco se nos pode condenar a morte nin pechar nun cárcere para toda a vida. [Artigos 19, 37]

Se somos culpables dun delito, só nos internaran nun centro de menores como último recurso e só o tempo necesario para cumprir o noso castigo. Nunca estaremos nos mesmos centros que as persoas adultas. [Artigo 37]

CARTEL 7

EXPLOTACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas non seremos vendidos, secuestrados, nin trasladados dun país a outro para a explotación sexual, matrimonios forzosos, tráfico de órganos, adopción ilegal ou explotación laboral. [Artigos 34, 35 e 36]

Temos dereito a non sufrir abusos ou enganos. [Artigos 34 e 35]

Ningún neno ou nena seremos sometidos a mendicidade e/ou prostitución. [Artigos 36]

CARTEL 8

XUSTIZA XUVENIL

Ningún menor pode ser privado de liberdade ilegal ou arbitrariamente A privación de liberdade utilizarase polos Estados como último recurso primando sempre programas educativos de apoio e acompañamento [Artigos 37, 40]

Se temos que presentarnos ante un xulgado, debemos entender o que acontece, débennolo explicar de xeito que o comprendamos e débesenos garantir a posibilidade de expresar a nosa opinión nos temas que nos afecten. [Artigo 12]

CARTEL 9

CONFLITOS ARMADOS: NON QUERO A TÚA ARMA, NECESITO A TÚA MAN..
.
Todas as nenas e nenos temos dereito a que se nos protexa e respecte en tempo de guerra. Pola contra en moitos países lévasenos como soldados. Débesenos garantir o dereito a non participar en conflitos armados. [Artigo 38]

Os nenos e nenas que sufrimos malos tratos, explotación ou somos vítimas de calquera guerra temos dereito a recibir atención e coidado co obxectivo de superar a crueldade sufrida e ser capaces de recuperar a nosa vida. [Artigo 39]

CARTEL 10

ASILO E REFUXIO

Se tivemos que fuxir da violencia ou dun desastre no noso país, temos dereito a ser informados de como obter protección como refuxiado ou refuxiada. Tamén temos dereito a que nos axuden a buscar a nosa familia. [Artigo 22]

CARTEL 11

O INTERESE SUPERIOR DOS NENOS E AS NENAS

As leis e decisións dos gobernos e persoas adultas, deben ter en conta a nosa situación especial como menores.

A familia ten que protexernos e coidarnos. Cando non temos familia, as persoas das que dependemos, deben coidarnos e protexernos igualmente.

As nais, pais, avós, tías, veciños, amizades, profesores e o resto das persoas adultas, teñen o deber de axudarnos a coñecer, entender e gozar dos nosos dereitos. [Artigos 3, 5]

CARTEL 12

OBRIGAS DOS PAIS, AS NAIS E APOIO DO ESTADO

O noso pai e a nosa nai teñen por igual a obriga de coidar de nós e de velar polo noso interese. Para isto contarán coa axuda do Estado, que deberá ter servizos axeitados para atendernos.. [Artigo 18]

CARTEL 13

NENOS E NENAS SEN FAMILIA

Os nenos e nenas que non temos familia temos dereito a obter a protección do Estado, que velará polos nosos intereses e nos buscará unha familia ou fogar axeitado para o noso coidado e educación . [Artigo 20]

Os nenos e nenas que vivimos en centros de menores temos os mesmos dereitos que os demais. [Artigo 25]


CARTEL14

ADOPCIÓN

Se non temos familia ou a nosa familia non pode ocuparse de nós, outra familia poderá adoptarnos, pero sempre e cando sexa para que recibamos atención, trato e coidados axeitados. [Artigo 21]

Se a nosa nova familia nos leva a outro país terá que facelo respectando as leis. Ninguén poderá pagar diñeiro ou comprarnos para levarnos a outro país. [Artigo 35]

CARTEL 15

OS NENOS E AS NENAS DEBERÍAN IR Á ESCOLA EN LUGAR DE TRABALLAR

Os Estados teñen a obriga de protexernos ante calquera traballo que nos impida ir á escola así como a obriga de evitar que realicemos traballos perigosos para a nosa saúde. [Artigo 32]

CARTEL 16

QUEN DEBE PROTEXERNOS

Os nenos e nenas somos vulnerables. O noso benestar é responsabilidade dos Estados , a familia e a sociedade, que garantirán a nosa protección fronte a calquera maltrato, abuso ou explotación. Así mesmo axudaran a que coñezamos os nosos dereitos e participemos activamente na sociedade co obxectivo de medrar como cidadás e cidadáns responsables. [Artigos 4 e 5]

CARTEL 17

RESERVÁMOSCHE UN SITIO PARA CAMBIAR O MUNDO

En España máis de 4.000 mozos coma ti comprometéronse na promoción e protección dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes no mundo. Non o penses máis, ti tamén tes moitas formas de facelo:

• Como activista de dereitos humanos nun dos grupos da Amnistía Internacional na túa cidade.

• Creando un novo grupo de activistas con outros estudantes que coñezas na túa universidade, instituto ou colexio.

Entra en www.actuaconamnistia.org/jovenes e promove os dereitos humanos!!"

Grao de imcumplimento dos direitos humanos:

Nenhum comentário:

Postar um comentário