Reino de Galiza

Dende o II Reino de Galiza, á expansom por parte de Portugal da nosa lingua

sexta-feira, 20 de março de 2009

Nazons como a Galega en Europa (Viva a Galipedia)

Imos a comparar a nosa nazón Galega con outras europeas (omito para datos de poboación e extensión as que están lonxe de nos, pequenas pero non no sentido económico, tales como Luxemburgo, Malta, San Marino, Mónaco, Liechtenstein, Andorra, Gibraltar ... e as enormes tipo Rusia, Ucrania, Francia, Reino Unido ... que realmente son nacións plurinacionais como é o caso de España)

Dende o punto de Vista Histórico

Somos unha das primeiras nazóns en conformarse xa antes da Idade Media (no 409, antes formaronse Grecia, e tal vez Macedonia, ainda que estarian case 2000 anos colonizadas por outro pobos).

Galiza ten un Pobo, idioma e territorio propios.


Antes da nosa era.

Os primeiros pobladores que deixaron un rico legado da súa época, foi na época megalítica (finais de Neolítico á Idade de bronce), da que temos hoxe en día Dolmens e Túmulos por todo o territorio.

Dolmen de Axeitos


Édad do Bronce, atopanse restos elaborados con metais

Édad Castrexa (a partir da segunda metade da idade do ferro)

Habitada por pobos celtas o con/de influencia céltica (unidade urbá: o castro)


Ate o 409 Conquista Romana e creación da Provincia de Gallaecia

Ate o 585 Creación do que será o primeiro Reino Medieval Euriopeo, o Reino Suevo da Gallaecia. O Suevos eran un pobo xermánico que axudarán a Roma a defende-las fronteiras imperiais. A Galiza das Parroquias conformase nesta époco. Esta era a bandeira:


"Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Hispania, Gallaecia e Septimania.


Ate o 714 O Reino Suevo da Gallaecia é invadido polo Reino Visigodo


718 Creación do Reino de Asturias e máis tarde o Reino de Galiza (do que nacerá o Reino de Portugal) e León (fillos todos do Reino Suevo de Gallaecia).


Mapa tra-la invasión musulmana:

Mapa político do Noroeste da Península Ibérica no ano 891.



Mapa da disputa territorial por Castela entre os monarcas de Galicia e Navarra, a comezos do século XI.


século V1833
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo

---> Cronoloxía (fonte GALIPEDIA)

Cronoloxía do Reino de Galiza
409 Os suevos encabezados polo rei Hermerico pactan un foedus con Roma e establécense formalmente na provincia romana da Gallaecia, que pasa a ter rango de reino, con capital en Braga.
438 O rei Requila leva a cabo a expasión sueva pola Lusitania e Bética
448 Morre Requila en Emerita Augusta, o seu fillo Requiario herda o trono.
449 O rei suevo Requiario converte o reino ao catolicismo.
456 Ten lugar a batalla do Órbigo, onde unha coalición de romanos, visigodos e francos derrota aos suevos acabando coa vida do rei Requiario.
457 O herulo Aguiúlfo proclámase rei da Galiza.
457-463 Guerra civil entre os diversos reis suevos que detentan o trono de Braga.
463 Remismundo logra impoñerse sobre os seus opositores e se coroa rei da toda a Galiza.
550 Carriarico, rei de Galiza, converte o reino ao catolicismo.
561 Celébrase o Primeiro Concilio de Braga durante o reinado de Teodomiro
572 Celébrase o Segundo Concilio de Braga, auspiciado polo rei Miro.
583 Fracasa a alianza que o rei Miro mantiña con francos e bizantinos para intervir na guerra civil visigoda.
585 O rei visigodo Leovixildo depón ao rei suevo Andeca, facendose deste xeito co reino. Os visigodos gobernarán Galiza ata o ano 711.
587 Celebrase o III Concilio de Toledo, ao que asisten bispos de Galiza, España e Septimania.
698-702 O príncipe visigodo Witiza goberna Galiza con atribución reais, dende a súa corte en Tui.
711 Desembarca en Tarifa un continxente militar musulmán en apoio dos fillos de Witiza. Derrota e morte do rei visigodo Rodrigo.
714 e 719 España e Septimania son respectivamete tomadas polos exércitos musulmáns. Fin da monarquía visigoda.
711-791 A ausencia da autoridade real, ocasiona que os nobres galaicos comecen a disputarse o control sobre Galiza. Período de conformación dun novo reino cristián na Galiza.
791 Afonso II fixa a capital do reino Galiza na cidade asturiana de Oviedo.
794 Bispos galegos acoden ao sínodo relixioso celebrado en Fráncfort.
818 - 847 Descubrimento dos restos atribuidos ao apóstolo Santiago o Maior.
842 Ramiro I derrota a Nepociano e usurpa o trono de Oviedo.
910 Afonso III é destronado polos seu fillo García que se coroa rei, e instala definitivamente na cidade de León a corte de Galiza.
997 O xeneral musulmán Almanzor saquea a cidade de Compostela.
1027 Morre o rei Afonso V dun frechazo durante o asedio a Viseu.
1037 Morte de Vermudo III de Galiza na batalla de Tamarón, contra casteláns e navarros.
1065 García de Galicia herda o territorio do reino de Galicia (xunto co condado de Portugal e a protección e parias de Badaxoz e Sevilla), volvéndose este independente.
1071 García de Galicia vese obrigado a se exiliar debido á entrada en Galiza do seu irmán Afonso VI, coaligado co outro irmán, Sancho II.
1111 Coroación de Afonso Raimundez como rei de Galiza na Catedral de Santiago de Compostela.
1128 Afonso Henriques independiza o condado de Portugal do reino de Galiza.
1230 Fernando III de Castela usurpa ás súas irmás os reinos de Galiza e León.
1296-1301 O rei Xoán I, restaura a independencia galego-leonesa e se titula rei de Galiza, León e Sevilla.
1369 A vilas galegas proclaman como o seu rei a Fernando I de Portugal, este logra reinar apenas uns meses ata que Henrique de Trastámara ataca Portugal.
1386-1388 Alianza entre nobres galegos e Inglaterra. John of Gaunt, duque de Lancaster é coroado rei en Galiza.
1467-1469 Estala o conflito civil da Gran Guerra Irmandiña.
1483 Execución de Pero Pardo de Cela diante da Catedral de Mondoñedo por orde do Gobernador dos Reis Católicos en Galiza.
1486 Os Reis Católicos viaxan ao reino para constatar o sometemento de todos os nobres galegos.
1518 Mobilización das cidades e vilas galegas para recupera-lo seu voto lexítimo en Cortes.
1623 O reino recupera o voto das cortes reais tras pagar 100.000 ducados.
1808 Formación da Xunta Superior do Reino de Galiza coa fin de defender o reino ante os exercitos napoleónicos. Recuperación de atribucións de autogoberno extraordinarias.


1833 A rexente María Cristina de Borbón-Dos Sicilas, asina o decreto da disolución da Xunta Superior do Reino de Galicia.



Dende o punto de Vista da Extensión

Galiza mide actualmente 29.365 (trinta mil) km2 e 1498 (mil cincocentos) km de costa.
Sen contar as pequeniñas coma dixen antes, hai bastantes nazóns cun territorio próximo ao Galego xa so no noso continente.

Kosovo 10.887 km2
Montenegro 13.812 km
2
Macedonia 25.713 km
2
Albania 28.748 km
2

Belxica 32.545 km2
Moldavia 33.851 km2
Holanda 37.330 km2
Suiza 41.290 km2
Dinamarca 43.094 km2



Dende o punto de Vista da poboación

A nosa poboación é de 2,78 millóns de habitantes (2008), corre un grande perigo de envellecemento.

Montenegro 598.000
Estonia 1.340.600
Eslovenia 2.025.768
Macedonia 2.038.000
Kosovo 2.126.708
Letonia 2.269.600

Albania 3.190.000
Lituania 3.361.100
Moldavia 3.794.000
Bosnia-Herzegovina 3.935.000
Irlanda 4.339.000


Dende o punto de Vista político

O chan está actualmente articulado cun punto de vista castelá, creouse un sistema de provincias (4) actual foi creado no 1833, cando tamén se crearon 326 concellos, agora 315


Datos estatisticos

Instituto Galego de Estatística
...

Precisamos un estado federal, xa que estamos nunha nazóns de nazóns. Ainda que a moitos lles pese, e quera negalo tratando de extingui-la riqueza de linguas ibericas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário