Reino de Galiza

Dende o II Reino de Galiza, á expansom por parte de Portugal da nosa lingua

quinta-feira, 27 de janeiro de 2011

Para os que renegan da súa cultura e identidade ou nos impidem desenrolar e melhorar o noso pais. Neste día de Greve Geral (folga xeral 27/1/2011)



Heiche de mandar á merda
anque ti non queiras ir
cun saquiño remendado
coma quen que vas pedir.

Pos o sombreiro de lado
porque es fillo de rico
pódelo poñer dereito
que eu de ti non necesito.

Mataches a cacharruza
non me deches dos rixóns
para a semaniña que ven
son as túas monicións.

Vaite de aí corvo negro
vaite lavar ao pilón
que anque te laves e laves
corvo negro es de nación

Cara de cañoto seco
vai calando, vai calando
que eu contigo non me meto.


Peza interpretada por Xabier Díaz, acompañado por Pedro Lamas (saxo soprano) e Suso Iglesias (acordeón), na gala benéfica da Asociación contra o cancro de Cambre-Anceis, celebrada o 26 de decembro de 2008 no centro da Xuventude de Cecebre (Cambre - A Coruña).

Nenhum comentário:

Postar um comentário