Reino de Galiza

Dende o II Reino de Galiza, á expansom por parte de Portugal da nosa lingua

terça-feira, 4 de janeiro de 2011

Pensando nos Nomes de Nazóns



Fixachedes-vos de algúns nome curiosos de paises no mundo.

Algúns non fam referencia ao seu orige, e hai que indagar na súa historia para saber que significam como estado.

Quédome a comentar os:

Espanha (Hispania): Nome originario polos Romanos á peninsula ibérica. Das nazóns nacentes do norde que aplastaron ás do sul na reconquista, o conceito nacional máis antigo é a cuestión Vasca (Euskadi) de orige nom indoeuropeo, perde-se na orige dos tempos. Logo sería a Galiza, de orige seguramente tipo celtica (polo moitas costumes e topónimos).
Os castros xurdiron así na época do ferro e Galiza ahí era a parte mais densamente poboada da Iberia como atestiguam os romanos e os máis de 5000 castros que quedam hoje) que deribou em tres entes nacionais: A Galiza e o pais AsturLeonés colonizados por Castela e de terceiro o Grande Portugal, fillo natural de Galiza (coma condado PortuCalense, na que Braga a antiga capital competía com Compostela, a nova) que consagrou-se na historia extendendo a lingua Galega além do rio Douro e além dos mares. Os reis de Portugal tenhem-se queixado moitas vezes do uso inadecuado de fazer-se chamar reis das Espanhas á monarquía castelhana (logo colonizar a Galiza, Asturias-León, Aragóm-Catalunha, Navarra e Granada), já que o rei de Portugal gobernaba parte da Hispania (o sul da Gallaecia e mais a Lusitania romanas).

United Kingdom (reino unido): "Unión" de Inglaterra (terra dos anglos e sajóns chegados no s. V e que fixo fuxir a parte da poboazóm celtico-romana, poboando a Bretanha francesa ou a regióm do Mondonhedo na Galiza) co resto dos célticos de Irlanda do norde, Escocia, Gales e Cornualhes son os que supostamente están mais que unidos, forzosamente pegados a centralizadora e anglosajona Londres. O idioma oficial é o inglés (base xermánica, com fortes influenzas dos normandos e franceses), o de Corunualhes leva um seculo estinto, e o Irlandés, Escocés e Galés (as última linguas célticas da Europa, a mais da de Bretanha) nom estám moito milhor.

United States (estados unidos): a primeira república moderna dende finais do s. XVIII froito da independecia do anterior. Pero este sistema democrático sería superado no social por constitucións de outras nazóns. O idioma quedou-lhe só o inglés pero som uma mestura de pobos europeus (moitos irlandeses, por certo), africanos e americanos.


Nenhum comentário:

Postar um comentário